Bó traballo dos nosos nun partido duro perante un bó equipo que plantexou un partido lento, defendendo practicamente os 40 minutos de partido en zona.

O terceiro cuarto do encontro foi moi entretido. Nel, o Caselas impuxo un ritmo máis rápido, algo que nos favorecía, xa que o Arcade tiña xente moi grande, polo que lle costaba baixar a defender. O bó facer nese periodo, fíxonos poñernos por diante no marcador, aínda que ao remate do periodo o resultado era desfavorable 46-50. 
No último periodo, unha racha de tres triplas consecutivas do xogador visitante número 5, rematou coas ilusións do dun esforzado equipo de Adrián Salgado.
Con esta derrota e a falla dunha xornada, o CB.Caselas xa non ten opcións de clasificarse para as semifinais de copa. Na última xornada visitaremos ao Rías Baixas de Vigo.

CB.Caselas (53): Nico 9, Darío 19, Javi 8, Manu 6, Rober. QUINTETO. Sergio 2, Xur 6, Jose 1, Carlos 2, Toni e Fredi 2.
Parciais: 15-19 / 11-10 / 20-21 / 7-17.
Incidencias: Flouxa entrada no Pavillón de Salceda

CATEGORÍAS BASE:
Só xogaron dous equipos nunha xornada onde a maioría dos nosos descansaron.
Infantil Masc: CASELAS 35 NOVOBASKET VIGO 45
Mini Fem: PORRIÑO 77 CASELAS 30