Primeiro partido da Copa Primavera correspondente ao Grupo D (catro grupos en total onde o primeiro de cada un clasifica para as semifinais).
O Caselas pagou a pouca actividade e concentración en defensa, en especial no rebote defensivo e, sobre todo, os erros continuos no tiro libre. Preto de 20 tiros libros fallados é un dato que te condena contra calqueira equipo.

O mellor cuarto dos nosos foi o segundo (7-15, para chegar ao descanso 20-27), no que mostramos realmente o que podemos dar en defensa, e no que se xogou con orden en ataque.
Fomos practicamente todo o partido por diante, ata que a falla de 3 minutos, Redondela deulle a volta ao marcador, gracias en parte aos erros aos que aludimos.
Con 6 puntos abaixo a falla dun minuto, sacamos carácter, e tras unha tripla de Carlos e unha boa defensa, nos puxemos 48-46 e posesión. O técnico Adrián pide tempo morto a falla de 8 segundos e xogada preparada. Darío recibe falta de tiro restando 2 segundos. Anota o primeiro e falla o segundo, deixando un 48-47 final. Unha pena. Aprender a lección e sobre todo a seguir traballando.
CB.Caselas (47): Nico 8, Darío 9, Carlos 9, Fredi e Toni. QUINTETO. Sergio 12, Jose 3, Manu 3, Javi 1, Berna 2 e Rober.
Parciais: 13-12 / 7-15 / 11-11 / 17-9.
Incidencias: Tarde de domingo no novo pavillón de deportes de Redondela. O noso base Xur non xogou por lesión. Desexámoslle pronta recuperación.

CATEGORÍAS BASE:
Sen dúbida, a VI Cocentración Baby que celebramos en Salceda acaparou a nosa atención no fin de semana. As caras alegres dos peques loitando por un balón o compensa todo.
Os resultados da nosa base foron:
Infantil Masc: Condado 24 Caselas 31
Mini Masc: Caselas 74 García Barbón 56
Mini Fem: Apóstol 49 Caselas 25
Premini: Condado 20 Caselas 44