blank

Non foi a despedida soñada, pero as sensacións deixadas polo C.B.Caselas neste partido, logo de ir perdendo de máis de 20 puntos, foron moi boas. Os de Adrián Salgado a piques estiveron de remontar un partido que se puxo moi costa arriba e perante un equipo da zona alta da 3ªDivisión A co cal nos veremos as caras o ano que ven.

O partido non defraudou a nadie. Na primeira parte os vigueses impuxeron o seu xogo e dominaron por completo. Comezaron facendo moito dano no xogo interior, e cando o Caselas axustou, nos mataron co seu tiro exterior. Os nosos saíron un pouco nerviosos ao principio, e cando comezamos a carburar e a facer bos ataques, non metimos os tiros liberados. Así chegamos ao descanso con 23-42 para Illas Cíes.

Á volta do descanso o partido cambiou completamente en sensacións, e no terceiro cuarto xogamos “de ti a ti” ao rival, con concentración defensiva e confianza en ataque. Aínda así, a diferenza no electrónico era moi grande.

Pero como diciamos, as sensacións eran moi boas e os de Salceda sentíanse cada vez máis cómodos. E chegou o último cuarto, os 10 minutos finais da temporada 2018/19, onde os nosos tiñan gardado un último esforzo, alentados pola mellor afeción do mundo: parcial de 20-6 para levar o partido ao límite.

Finalmente perdeuse e o C.B.Caselas remata así a súa participación na Copa Primavera. Pero, por un lado serviu de moito de cara a vindeira campaña, e, por outro, para demostrar unha vez máis a capacidade de loita e compromiso do senior, un equipo que nunca se rende e no que TODOS aportan.

O ano que ven máis!!!

CB.CASELAS (59): Jano 9, Jorge 2, Darío 20, David Ledo 5, Rober Temporao 4. QUINTETO. Jose 5, Rober Álvarez 3, Nico 4 e Fredi 7.

Parciais: 12-21 / 11-21 / 16-17 / 20-6.

Incidencias:

Sobre 100 afecionados na tarde soleada de domingo no Pavillón de Salceda. O público, como non podía ser, estivo sensacional e despediu ao Caselas cunha grande ovación.
No inicio do partido entregáronse as copas e medallas ao Premini A e Senior do clube, campeóns de liga, estando presentes membros da Federación Galega de Baloncesto, da directiva do CB.Caselas e a concelleira de deportes Carla Pérez.