O Cadete Masculino Balidea proclámase subcampión de liga e o Infantil Masculino Hermanos Núñez remata 1º de grupo accedendo á gran final da competición:

CADETE MASCULINO (FINAL DE LIGA)

blank

Os nosos cadetes remataron este pasado domingo unha brillante andadura na competición ligueira nesta tempada 2023-24.

Tras gañar a Final Four de Ascenso en xaneiro, os rapaces voltaron e clasificarse para a fase polo título ao rematar invictos a segunda volta.

Despois de superar ao Apóstol na semifinal da pasada fin de semana, onte xogaron un gran partido na final contra Seis do Nadal.

No primeiro periodo, os de Julián saíron a por todas e xogaron un bo baloncesto chegando ao segundo cuarto cun marcador de 13 – 14 en contra.

A partires de aquí, o equipo vigués impuxo a súa superioridade física e dominou o partido ata o final, pero tivo que esforzarse a fondo ante un Caselas que o deixou absolutamente todo sobre a pista do Pavillón Universitario do CUVI.

Soamente podemos dicir: GRAZAS

GRAZAS A ESTA XERACIÓN DE RAPACES QUE ESTÁ FACENDO DESFRUTAR DO BALONCESTO A TODA A FAMILIA DO CASELAS

O MELLOR ESTÁ POR CHEGAR !!!

AGORA, A POLA COPA !!!

INFANTIL MASCULINO

blank

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 64 – 45 SEIS DO NADAL B

O Infantil Masculino Hermanos Núñez rematou 1º na segunda fase da liga, gañando todos os partidos perante Porriño A, Salesianos A e Seis do Nadal B.

Gran traballo destes rapaces e tamén do equipo Natural Granite, que adestran conxuntamente luns e xoves. Estamos tremendamente orgullos@s de todos vós!

Noraboa !!!

A vindeira fin de semana xogaremos a FINAL DE LIGA INFANTIL perante Porriño A a partido único na nosa casa. Agardámosvos para animar ao equipo !!!

C.B.CASELAS NATURAL GRANITE 66 – 53 C.B.BAIONA ROJO

O Caselas Natural Granite rematou de maneira brillante a competición, cunha gran victoria ante Baiona, mostrando a clara melloría dos últimos meses.

Moi grandes !!!

MINI MASCULINO

blank

APÓSTOL BLANCO 23 – 31 C.B.CASELAS

Victoria a domicilio do noso Mini Masculino no Colexio Apóstol vigués. A primeira parte xogamos moi ben e na segunda estivemos máis imprecisos, pero os rapaces conseguiron sacar o encontro adiante. A continuar traballando !!!

SENIOR MASCULINO

blank

ILLAS CÍES 58 – 71 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 18 – 14 / 19 – 21 / 9 – 14 / 12 – 22

Anotadores: Xur 18; Kentre Williams 15; Darrell Paxton II 14; Héctor 10; Eloy 6; Rober 3; Jorge 2; Jose 2; Iván 1; Manuel.

Partidazo e importantísima victoria do noso Senior Masculino na difícil visita ao Illas Cíes vigués nesta segunda xornada da Copa Premiun.

O Caselas acadaou o triunfo a través dun gran traballo colectivo no que todos os xogadores aportan o seu gran de area.

A próxima fin de semana recibimos ao C.B.Rodaballo, un clásico da competición viguesa. A por todas !

SENIOR FEMININO

blank

C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE 60 – 42 GRUPO MEF TERRA CHÁ

Parciais: 14 – 14 / 18 – 9 / 17 – 11 / 11 – 8

Anotadoras: Tamara 20; Laura 13; Cris 12; Irene 4; Susi 4; Alejandra 2; Lucía 2; Iria 2; Raquel 1; Elena.

Gran partido do noso equipo senior feminino na ida das eliminatorias dos postos de liga.

Nun encontro inédito na historia de ambos clubes (pois nunca xogamos entre nós ata o de agora), as de Joseba fixeron un gran traballo de equipo sobre todo no aspecto defensivo, mostrando unha grande intensidade e compromiso que permitíunos xogar ao noso ritmo.

O sábado que vén devolverémoslle a visita viaxando a Vilalba (2h 35 de viaxe). Moita sorte !

MINI FEMININO

blank

C.B.CASELAS 25 – 28 C.B.NIGRÁN

Unha xornada máis as rapazas do mini mostraron a súa melloría e competiron ata o derradeiro segundo o seu partido. A continuar así!

O C.B.CASELAS APOSTA FORTE POLO BALONCESTO FEMININO !!!

blank

O baloncesto feminino non para de medrar en Salceda. Levamos moitos anos traballando na nosa canteira e por fin esta tempada logramos sacar un equipo senior de categoría feminina por primeira vez na historia do Caselas. E o máis importante aínda: as 12 xogadoras teñen ADN Caselas.

É un auténtico orgullo para nós contar cun grupo de xogadoras senior coma o que temos para poñer a primeira pedra de cara ao futuro das categorías femininas do Caselas. Elas son o presente e as minis, infas e cadetes son o futuro. Agardamos que estas novas xeracións teñan a oportunidade de xogar no noso senior algún día. Traballaremos con este obxectivo !

blank

III CAMPUS DE VERÁN C.B.CASELAS (25 ao 29 de XUÑO de 2024)

ATENCIÓN !!!

ESTE VINDEIRO VENRES 3 DE MAIO ABRIMOS AS INSCRICIÓNS PARA O CAMPUS!

PRAZO EXCLUSIVO E A PREZO REDUCIDO PARA XOGADOR@S DO C.B.CASELAS NACIDOS ENTRE 2008 E 2014 (AMBOS INCLUÍDOS): 3 ao 10 de MAIO

PRAZAS LIMITADAS !!!

blank
blank
blank