Dende hoxe xa vos podedes inscribir no torneo. Agardamos que vaiades tod@s correndo a facelo canto antes.

Recodámosvos os puntos máis importates da inscrición:

As inscricións poderán realizarse entre o 01/08 e o 02/09 polas seguintes canles:

Por mail. O equipo poderá solicitala inscrición a través do mail 3×3@baloncestocaselas.com. Deberase descargar o este formulario de inscrición e devolvelo cuberto vía mail. Para que a inscrición sexa válida a organización deberá confirmar a correcta recepción de dito formulario e do pago da cota de inscrición.

A través do seguinte formulario https://goo.gl/forms/MTBvFDq75Gh2m9FM2.

Presencial: En Sanfer Salceda, cubrindo o formulario e realizando a pago da cota en metálico.

O pago da inscrición realizarase por ingreso ou transferencia a conta de Abanca número ES04 2080 5060 1030 0012 5289 indicando no concepto a nome do equipo xa que do contrario non poderemos identificalo pago. De ser posible achegar por mail o xustificante do ingreso/transferencia para axilizala inscrición.

Toda a información na web.