blank

Duro primeiro partido tras o parón navideño, no que se notou a inactividade pola nosa parte. O Caselas comezou frío, cun mal primeiro cuarto.

No segundo melloramos moito en ambos lados da pista, poidendo imprimir o noso ritmo de xogo.

O terceiro cuarto foi sen dúbida o mellor (7-19 de parcial), cunha gran defensa o que nos levou a xogar a un ritmo moi alto en ataque.

O derradeiro cuarto foi malo en xeral e a falla de 50 segundos, Redondela púxose un punto arriba. Pero este equipo nunca se rende, e un 2+1 de Darío nos devolveu o mando e logo de dúas boas defensas e tres tiros libros de Xur, finiquitamos un difícil e importante partido para seguir arriba, perante un rival aguerrido e moi mellorado con respeto a primeira volta.

A actitude xeral dos homes adestrados por Adrián Salgado segue intacta e encamiñada a seguir crecendo como grupo.

Próxima xornada nos visita o Rodaballo en Salceda. Todos ao pavillón!!!!

CB.Caselas (61): Xur 6, Darío 10, Jose, Rober Alvarez 2, David Ledo 8. QUINTETO. Jano 18, Sergio 2, Jorge, Rober Del Amparo, Toni 2, Fredi 2, Nico 11.

Parciais: 20-13 / 14-20 /7-19 / 15-9.

Incidencias: Tarde de domingo no pavillón da Marisma de Redondela. O CB.Caselas desprazouse con todo o equipo.

CATEGORÍAS BASE:

Triple derbi comarcal cos veciños do Condado de Ponteareas. Victorias en Mini (20-41) e Infantil Masc (25-40), e derrota en Infantil Fem (36-52). Lesión da nosa xogadora Antía, a que desexamos unha moi pronta recuperación.

O Junior Feminino non tivo opción na cancha do líder Seis do Nadal Coia: 51-23.

Ao CUVI desprazábanse o domingo a mañán os nosos Preminis A e B: victoria do A perante Seis do Nadal Coia, 21-47, que os mantén líderes imbatidos, e derrota axustada do B perante Enseñanza, 24-19.