blank

Encontro moi disputado entre dous dos tres equipos que chegaban nesta xornada empatados na primeira posición da liga con 6 victorias e 1 derrota.

O partido foi igualado e duro. Moita intensidade e moito contacto, con poucos xogadores que se salvaron de levar algún golpe ou magulladura (aclarar que sen mala fe e con total deportividade por ambos lados).

Con 41-40 entrouse no derradeiro periodo onde agardaban os mellores minutos para o Caselas. Gran movemento de balón e esforzo en defensa para culminar cunha meritoria victoria perante un dos rivais máis duros e completos da competición, e que nos deixa un gran sabor de boca antes das vacacións de Nadal.

Todos os xogadores o deron todo e se partiron a cara para sacar o partido adiante empurrados por un público que foi o sexto home, non moi numeroso, pero entregado as súas cores.

Mención especial para o noso base Xur, que literalmente partiuse a cara nun lance fortuíto (seis puntos de sutura na fronte). Ánimo Xur!!

CB.CASELAS (64): Xur 11, Jano 18, Darío 22, Toni 5, David Ledo 5. QUINTETO. Rober del Amparo 2, Rober Alvarez 2, Nico, Fredi e Jose. Tamén estiveron apoiando aos compañeiros no banquiño vestidos de calle Sergio e Jorge.

Parciais: 17-19 / 16-9 / 9-12 / 22-19.

Incidencias: Último partido deste ano 2018 xogado no Pavillón de Salceda diante duns 75 afecionados. Agradecer ao público os seus ánimos.

CATEGORÍAS BASE:

Viaxe moi longo das Junior a terras de Xinzo de Limia e derrota das que doen: 62-61. Hai que seguir entrenando para novos compromisos.

Tamén perdeu o Infantil Feminino en Salceda con Salesianos Vigo B por 26-42 nun mal encontro.

Gran victoria do Mini por 58-37 perante Salesianos Vigo B cunha melloría dos rapaces nas derradeiras xornadas.

Con estos partidos toda a base remata a competición neste 2018. Seguiremos adestrando. Arriba Caselas!!!!