O Club Baloncesto Caselas organiza, coa calaboración do Concello de Salceda e as EDM, por terceiro ano o torneo 3×3 Insectos.

Celebrarase os vindeiro día 31 de Agosto no Pavillón municipal de Salceda de Caselas, en horario de tarde (16:00 a 21:00).

As categorías serán as seguintes:

  • Senior Mixto (A partir do ano 2000).

A cota de inscrición será de 30€ por equipo.

Aquí podedes consultalo regulamento completo

As inscricións poderán realizarse entre o 01/08 e o 26/08 polas seguintes canles:

O pago da inscrición realizarase por ingreso ou transferencia a conta de Abanca número ES04 2080 5060 1030 0012 5289 indicando no concepto a nome do equipo e móvbil de contacto xa que do contrario non poderemos identificalo pago. De ser posible achegar por mail o xustificante do ingreso/transferencia para axilizala inscrición.

Este ano os participantes recibirán como agasallo pola súa participación no torneo unha estupenda camiseta conmorativa. Moitísimas grazas o Concello de Salceda de Caselas pola súa inestimable colaboración.

Guía de Tallas Luanvi

No formulario de inscrición solicítase a talla de cada un dos xogadores. Esta talla poderá terse en conta para as inscrición realizadas antes do dia 19/08, despois desa data a talla escollida non será vinculante ainda que se disporá de camiseta suficientes para tódolos participantes.

Ademáis, gracias o Concello de Salceda de Caselas, durante o torneo ofrecerase auga e froita.