blank

Hai encontros que engrandecen este deporte, que fan que os xogadores desfruten e o público repita; e este foi un deses.

Caselas e Seis do Nadal Coia -segundo contra primeiro- e que chegaban igualados á derradeira xornada desta Liga Regular, precisaron dunha prórroga para dilucir o partido e o campión desta primeira fase de competición.

Pese a non anotarse moitos puntos, ambos equipos ofreceron ao numerosísimo público un espectáculo de calidade e esforzo propios dunha final.

O Caselas comezou por debaixo no marcador, con pouco acerto no lanzamento pero con boas sensacións. Reaccionaron moi ben no segundo periodo, con velocidade e defensa, para remontar e poñerse ao descanso cun considerable 31-23.

O Seis do Nadal é un equipo filial, con xente xoven e técnica, e reaccionou tras o descanso, unido a nosa sequía anotadora (só 6 puntos no terceiro periodo). Con todo, no cuarto final os visitantes lograban poñerse por diante tras moito tempo: 41-42. A intensidade subiu, os decibelios do público aumentaban e o partido estaba a ser moi bonito.

Non se daba un balón por perdido e cada canasta tiña un alto prezo. Un intercambio de canastas rematou con 48-48 ao remate dos 40 minutos regulamentarios.

blank

Na prórroga esperaba o mellor. Con Jano botándose o equipo a espalda (aínda que hai que dicir que todo o equipo estivo de dez) e impulsados polo público, os de Adrián Salgado o deron todo e chegaron con 59-57 a escasos segundos. Na posesión final dos de Coia, os nosos fixeron unha gran defensa que nos deu a victoria e o título de Liga Regular no medio dunha sonada ovación.

Agradecer ao público e ao patrocinador HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L. de Salceda o seu compromiso.

CB.CASELAS (59): Jano 29, Robert del Amparo, Toni 2, Fredi, Nico 5. QUINTETO. Sergio 4, Xur 3, Jose, Darío 6, Jorge 2, Rober Alvarez, David Ledo 8.
Parciais: 10-14 / 21-9 / 6-9 / 11-16 // 11-9.
Incidencias: Máis de cen persoas no Pavillón de Salceda totalmente volcadas co Caselas.

blank

LIGA DE ASCENSO:

Despois do Entroido comeza a Liga de Ascenso a 3ªDivisión A. Están clasificados por esta orde o Caselas, Seis do Nadal, Rías Baixas e Choco de Redondela. Xógase unha liga a doble volta e ascenden os dous primeiros. Informaremos do calendario.

CATEGORÍAS BASE:

Outra sensacional xornada para a base e éxito dos Baby na concentración de Tui.

Junior Fem: CASELAS 47 SALESIANOS VIGO 36
Infantil Fem: CASELAS 59 NIGRÁN 24
Infantil Masc: CASELAS 37 REDONDELA 63
Mini Mixto: SALESIANOS VIGO 32 CASELAS 47
Premini A: CASELAS A 84 SALESIANOS VIGO 42
Premini B: APÓSTOL 17 CASELAS B 49