blank

Encontro sen historia cun equipo portugués de Gaia moi descoñecido con respecto ao da primeira volta da liga, onde nos dera moitísimos problemas. Pero coa lección ben aprendida, esta vez os de Adrián Salgado saíron moi concentrados e deixaron os deberes feitos nos primeiros minutos cun elocuente 0-16 (aclarar que aínda que o partido xogouse no pavillón de Salceda, os locais eran os lusos, que xogaban de prestado na nosa cancha).

A partir de ahí o Caselas xogou a pracer, partindo dunha defensa sólida e correndo, con xogadas moi bonitas ata culminar con esa diferenza final.

Gran aportación e minutos para todos os xogadores, que continúan a ser unha piña. Tamén destacar o comportamento exemplar dos xogadores de Gaia, que con escasos efectivos e sen opcións, nunca se botaron atrás nin perderon a compostura.

A vindeira fin de semana remata a primeira fase desta 3ª División “B” xa co Caselas clasificado para a fase de ascenso. Voltamos a xogar en Salceda e recibimos nada menos que ao líder Seis do Nadal Coia. Todos ao pavillón!!!!

CB.CASELAS (75): Jano 8, Jorge 9, Toni, David Ledo 14, Fredi 4. QUINTETO. Xur 7, Jose 8, Darío 19, Rober Alvarez, Rober Temporao 4, e Nico 2. Tamén estivo vestido de calle Sergio.

Parciais: 7-18 / 10-18 / 13-19 / 9-20.

Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Pouco público, con algo menos de medio centenar de afecionados nunha hora pouco habitual, sábado as 4 da tarde.

CATEGORÍAS BASE:

Pleno de victorias na base, con 6 de 6, nunha xornada que xa comezou o xoves cun partido que estaba pendente do Premini A.

Todos os equipos competiron moi ben e mostraron a súa melloría. Noraboa a todos!!!

Junior Fem: NIGRÁN 31 CASELAS 47
Infantil Masc: SEIS DO NADAL COIA 53 CASELAS 66
Mini Mixto: CASELAS 65 MIRALBA 14
Premini A (partido aprazado): CASELAS A 70 C.MARIANO 20
Premini A: BAIONA 35 CASELAS A 53
Premini B: CASELAS 52 N.S.DE LA ESPERANZA 34