blank

Esperabamos un partido duro e difícil e non estabamos equivocados. O veterano e histórico equipo do Rodaballo mostrou a súa mellor versión e plantexou unha rochosa defensa en zona os 40 minutos. Isto dificultou moito o ataque do noso senior.

En xeral o CB.Caselas foi de menos a máis, e rematou por levantar da bancada aos máis de cen siareiros volcados co equipo.

O primeiro cuarto, e en xeral a primeira metade, foron das peores da temporada. Alternamos bós e malos ataques, con tiros liberados que non entraban. En defensa, costaba defender ao seu pivot de 2.05, e sumado aos continuos despistes, deu como resultado un feo 26-36 ao descanso, aínda que cuns últimos minutos con boas sensacións que invitaban a certo optimismo.

Pero o mellor estaba por chegar para a segunda metade. Os de Adrián Salgado cambiaron totalmente de actitude e mostraron gran carácter e implicación defensiva, o que nos permitiu xogar ao ritmo que nos favorece.

Pouco a pouco, como formiguiñas e empurrado por un sensacional público, os de Salceda foron remontando ata empatar no ecuador no cuarto periodo.

De ahí ao final foi de infarto: 60-60 a falla dun minuto e logo tempo morto de Adrián. De seguido, o noso secretario Fredi clava un triplazo dende a esquina para poñernos 63-60. Logo de canasta deles 63-62.

Faltaba unha última defensa para culminar…..e o conseguimos perante o delirio de todos.

Este tipo de partidos nos veñen xenial pora preparnos de cara ao futuro.

CB.Caselas (63): Xur 8, Darío 10, Sergio 6, Toni 2, Rober Alvarez. QUINTETO. Jano 27, David Ledo 7, Fredi 3, Rober del Amparo, Jose, Jorge e Nico.

Parciais: 13-21 / 13-16 / 21-14 / 16-12.

Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Máis dun centenar de afecionados. Agradecer o seu alento e empuxe.

CATEGORÍAS BASE:

Junior Fem: CASELAS 33 BAIONA 52
Infantil Fem: REDONDELA 16 CASELAS 47
Mini Mixto: CASELAS 55 BAIONA 51
Premini “B”: CASELAS B 26 PORRIÑO 77