Xornada pasada por auga na que se tiveron que aprazar cerca de 30 partidos nas distintas competicións da delegación viguesa, debido á humidade e as goteiras que presentaban distintos pavillóns da contorna. O C.B.Caselas víuse afectado nas categorías de senior feminino, mini, infantil e senior masculino.

SENIOR FEMININO

EXTRUGASA RÍO ULLA 43 – 38 C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 6 – 8 / 2 -11 / 12 – 5 / 23 – 14

Anotadoras: Alejandra 12; Tamara 9; Susana 6; Irene 4; Saray 4; Raquel 2; Laura 1; Elena; Cristina; Lucía; Iria.

O partido do noso senior feminino víuse afectado pola climatoloxía: trasladouse a última hora a unha ubicación distinta á orixinal, tamén afectada pola humidade; este feito condicionou claramente o partido para ambos os dous equipos.

O xogo estivo marcado polas malas condicións da pista, con locais e visitantes tendo que controlar esforzos por medo e esbarar e lesionarse. Aínda así o partido disputouse ata o final.

O Caselas tivo bos momentos, sobre todo na primeira parte, pero un mal terceiro cuarto e un derradeiro periodo tolo decantaron o partido nos minutos finais do lado das de Pontecesures.

A próxima fin de semana as nosas xogarán na casa xusto despois da presentación do clube: o partido será ás 18:00h perante o C.B.Xinzo.

CADETE MASCULINO

blank

C.B.CONDADO 34 – 59 C.B.CASELAS

INFANTIL MASCULINO

SEIS DO NADAL B 59 – 49 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

PREMINI MIXTO

blank

C.B.CASELAS 52 – 2 C.B.REDONDELA 2015

Segunda xornada para o premini. @s rapaz@s o deron todo e desfrutaron moito na pista!

Lembrade que esta próxima fin de semana temos un evento moi especial para o noso clube:

O SÁBADO 18 de NOVEMBRO celebramos a FESTA PRESENTACIÓN DO C.B.CASELAS!

blank

Será ás 16:30h no Pavillón Municipal de Salceda.

Neste acto presentaremos a tod@s @s nos@s xogador@s, adestrador@s e equipos, así como aos colaboradores e patrocinadores deste curso 2023-24.

Tamén faremos as fotos oficiais dos equipos para esta tempada!

A continuación xogarán os seus partidos de liga o senior feminino ás 18:00h, e o senior masculino ás 20:00h. Agardamos un ambientazo no pavillón para animar @s nos@s!

Será unha tarde repleta de baloncesto e moitas sorpresas!

Vémonos o sábado!!!