SENIOR FEMININO

C.B.CASELAS 45 – 47 GIRALDO CB VILAGARCÍA

Parciais: 12 – 12 / 11 – 14 / 12 – 12 / 10 – 9

Anotadoras: Susi 11; Alejandra 10; Cris 7; Irene 7; Laura 4; Elena 4; Iria 2; Gloria; Saray; Lucía.

Xornada moi especial a vivida o pasado domingo no pavillón municipal de Salceda: por primeira vez na historia do C.B.Caselas xogábase na casa un partido de competición oficial de categoría senior feminino. E vaia partidazo!

As xogadoras dirixidas por Joseba fixeron un bo partido, con momentos moi brillantes tanto en ataque como en defensa, pero tamén con erros lóxicos tendo en conta que atopámonos nos inicios dun equipo que está a dar os seus primeiros pasos.

blank

O choque estivo tremendamente disputado, cun marcador moi igualado en todo momento, e ambos os ous equipos fixeron desfrutar á grada co seu xogo.

Os derradeiros minutos foron trepidantes e estiveron repletos de alternativas. A falta de 11 segundos para o remate do partido o resultado no marcador era de empate a 45 e balón para o Caselas.

blank

Un canastón literalmente sobre a bucina das visitantes provocou que a victoria fora para Vilagarcía; perder así senta mal no momento, pero as nosas mostraron que poden competir moi ben nesta liga e que estamos no camiño correcto.

É un auténtico orgullo para o clube ter por fin un equipo de categoría senior feminino, despois de moitos anos de traballo de canteira e formación para conseguilo. E supón todavía máis orgullo que todas as integrantes do equipo formáranse no C.B.Caselas, en moitos casos dende benxamín a junior.

Noraboa polo partido realizado e a continuar traballando e a medrar como equipo!

Esta fin de semana comezan as competicións de todos os equipos de canastra grande. Aquí tedes o cartaza cos horarios!

blank

Faite soci@ facendo click no carnet de abaixo!!!

blank

Ou deixa a tua reseña/opinión sobre o Club en Google!!