CB.CASELAS (64): Xur 11, Jano 16, Fredi , Ledo 12, Rober 2
Banquillo: Darío 15, Julián 4, Nico , Rubén 4
Ausencias/Lesionados: Jorge y Jose

Parciais: 22-11;24-13;15-27;11-13

Asistencia/Incidencias: Preto de 50 personas nas gradas do Pavillón Universitario de Vigo.

Chegaba o Caselas ao pavillón Universitario do CUVI, nunha tarde chuviosa e otoñal para xogar o 2o partido da tempada perante un dos favoritos da
competición.

O guión do partido foi parecido ao do primeiro choque do pasado domingo: unha mala primeira parte e unha segunda moi boa, pero esta vez non nos chegou para acadar a victoria.

Nos 2 primeiros periodos o Puerto de Vigo dominou o partido na parcela ofensiva, cun xogo interior moi forte e moito acerto exterior.

Os noso problema estivo, sobre todo, atrás. O Caselas saíu desconectado en defensa, con pouca enerxía no un contra un , sen chegar a puntear tiros e, o peor de todo, cun balance defensivo que deixou moito que desexar.

Unha primeira parte moi frouxa, que provocou un marcador moi adverso: 46-24 para os locais.

Na segunda parte todo cambiou: comprometidos e activos en defensa e moi acertados en ataque (entraron todalas triplas que non metimos na primeira parte) o Caselas estivo a piques de darlle a volta ao electrónico, cun parcial de 26-40 a favor,chegando a estar 5 puntos abaixo con balón a favor a falta de menos de tres minutos para rematar o partido.

Os nosos o intentaron ata o último segundo, pero finalmente, os vigueses gañaron 72-64.

Agradecer como sempre aos cerca de 20 afeccionados do Caselas que se achegaron ata o partido e apoiaron sen parar ao equipo! Enormes!

Agora toca aprender das dúas caras mostradas polo equipo: correxir os erros da primeira parte e aproveitar o positivo da segunda.

Con todo, despois de dúas xornadas de liga, ainda que temos moito marxe de mellora, as sensacións son positivas. Dous partidos frente a sendos equipos que aspiran a estar na zona noble da táboa e os nosos demostraron que poden competir nesta 3a A.

O próximo fin de semana nos vista o C.B.Arcade no que promete ser un choque de alta tensión. Arriba Caselas!

CATEGORÍAS BASE:

Debut do cadete femenino con derrota clara por 27-48 fronte ao C.B.Baiona “A”. Moitísimo que mellorar pero contentos pola actitude en xeral das rapazas,
que por momentos, competiron ben contra un bo equipo.

Isto acaba de comezar e este equipo respira ilusión!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Cronicas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?