Este pasado luns 3 de xuño comezou unha nova edición da gran Liga dos Insectos, un dos eventos máis agardados por toda a familia do Caselas.

Serán 5 xornadas de moito baloncesto e convivencia entre pequen@s e maiores, nas que como xa é tradición participarán tod@s @s xogador@s de todas as categorías do clube.

Hoxe, xoves 6 de xuño, xogaremos a segunda xornada !!!

VIDEOCLIP A BANDA DOS INSECTOS – PASANDO A BOLA

Como colofón final a esta nova edición da Liga teremos o GRAN CONCERTO DE A BANDA DOS INSECTOS, proxecto educativo – musical do noso coordinador deportivo Adrián Salgado, que tocarán en sesión vermú o DOMINGO 16 DE XUÑO xusto despois dos partidos finais da derradeira xornada e a entrega de medallas, nun evento ao aire libre e no que as familias poderán desfrutar de música en directo, refrescos, bebidas e Porco no Espeto !

Agardámosvos!

Xa notades o ritmo no corpo, non sí???

Aquí vos deixamos varios videos históricos de pasadas edicións…cómo pasa o tempo! Moit@s d@s rapaz@s que saen nestes videos xa son cadetes, juniors e incluso seniors!!!

blank