Onte foi a segunda xornada da nosa Liga dos Insectos/Dinosaurios. Faise moi estraño entrar no pavillón e velo cheo de nen@s multicolor correndo pola pista ? e pensar que temos un fin de semana a rebosar de partidos.

Como xa dixemos moitas veces foi un ano complexo para o clube en todos os sentidos, polo que estamos enormente ilusionados de ver unha pequena luz o lonxe. Agardamos que a próxima tempada desborde partidos e emocións.

Aquí vos quedan unhas fotiños para alegralos ollos.