Como xa é tradición, non hai campus de verán sen o noso video promocional !

E coma sempre, o reparto de actores e actrices é o mellor posible: @s xogador@s da nosa canteira, que demostraron as súas grandes dotes para a interpretación !!!

Lembrade que está aberto o primeiro prazo de inscricións a prezo reducido e exclusivo para xogadores e xogadoras do clube ata o 10 de maio.

Podedes consultar toda información e inscribirvos directamente dende a web do campus:

Quedan moi poucas prazas, non vos despistedes !

Moitas grazas aos nosos patrocinadores do campus, sen a vosa aportación sería inviable organizar este gran evento !

blank
blank
blank
blank