SENIOR FEMININO

blank

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 60 – 57 EXTRUGASA RÍO ULLA

Parciais: 11 – 12 / 20 – 12 / 12 – 10 / 17 – 23

Anotadoras: Tamara 16; Elena 10; Alejandra 10; Susi 6; Irene 6; Raquel 4; Lucía 4; Cris 2; Laura 2; Iria.

Bo partido do noso senior feminino que acadou unha nova victoria contra un equipo co que perdera no partido de ida, o Extrugasa Río Ulla.

As de Joseba marcharon ao descanso acadando as primeiras vantaxes despois dun gran segundo periodo e mantivo as distancias no marcador no terceiro.

No derradeiro cuarto o Caselas foise no marcador, acadando diferenzas de ata 17 puntos que senteciaron o choque. Aínda así, as visitantes reaccionaron nos últimos minutos, deixando un resultado final de 60 – 57 para as nosas.

Noraboa ao equipo por esta merecida victoria lograda grazas ao esforzo de todas as xogadoras. Próxima parada, Xinzo de Limia.

CADETE FEMININO

blank

As cadetes xogaron un gran partido en Porriño no que todas as xogadoras aportaron para levar a victoria. O encontro mantívose moi igualado ata o derradeiro periodo, no que o Caselas logrou un parcial de 11 – 24.

Destacar o acerto no tiro exterior das nosas (7 triplas anotadas) e nos tiros libres (17). Noraboa e a continuar traballando!

PBB B 44 – 62 C.B.CASELAS

SENIOR MASCULINO

blank

SEIS DO NADAL AZUL 61 – 67 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 13 – 15 / 12 – 14 / 11 – 31 / 25 – 7

Anotadores: Darrell Lazall 19; Xur 11; Kentre 8; Iván 6; Jorge 6; Jose 5; Manuel 4; Eloy 4; Alex 4; Rober; Héctor.

Partido de contrastes o xogado polo noso senior masculino na sempre exixente cancha do Seis do Nadal vigués. Despois dunha primeira parte igualada, a segunda foi unha auténtica montaña rusa.

O terceiro periodo foi probablemente o mellor da tempada dos xogadores de Martín, que mostraron un gran compromiso e concentración en defensa e xogaron ben en ataque, de maneira coral e acompañado por un gran acerto exterior.

O encontro parecía sentenciado mais o equipo local non se rendíu. Isto, xunto a unha certa relaxación dos nosos provocou uns instantes finais moi apretados.

Finalmente o equipo soubo reaccionar e acadar a terceira victoria consecutiva na competición.

CADETE MASCULINO

blank

C.B. CASELAS BALIDEA 53 – 45 PBB B

Nova victoria dos nosos cadetes nesta segunda fase da competición, nun derbi perante o PBB B no Pavillón Municipal de Salceda.

Os dous equipos voltaron a encontrarse despois de xogar as semifinais da Final Four de Ascenso a Liga Galega o pasado mes de xaneiro.

Nun encontro igualado o Caselas sacouno adiante coa aportación de todos os xogadores!

INFANTIL MASCULINO

blank

DEFENSORES DO MORRAZO 11 – 61 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

C.B. CASELAS NATURAL GRANITE 7 – 58 NS ESPERANZA

MINI MASCULINO

blank

C.B. CASELAS 31 – 70 CBR REDONDELA

blank

CELTA MARINO 27 – 11 C.B. CASELAS

PREMINI MIXTO

blank

NOVOBASKET B 25 – 30 C.B. CASELAS

CONCENTRACIÓN BABY

Qué ben o pasamos na CONCENTRACIÓN BABY do pasado domingo no CUVI ⛹️‍♀️🏀⛹️‍♂️

Noraboa a todos os equipos, rapaz@s e familias polo seu comportamento 😍😍😍

Xa estamos desexando que chegue a seguinte🏀

blank

BOAS NOVAS: GLORIA IS BACK !!!

Onte recibimos con gran alegría a volta de Gloria, xogadora do senior feminino que despois de romper tibia e peroné no mes de novembro continúa coa súa recuperación dando un pasiño máis, comezando a tirar a canastra e a traballar no ximnasio.

BENVIDA GLORIA!!!

blank
blank