Este sábado o Baloncesto Caselas retomará unha das súas grandes tradicións, a saída para asistir a un partido na casa do C.B. Ourense. Neste caso asistiremos o encontro Hereda Club Ourense Baloncesto – Clínica Ponferrada C.D.P.

Celebramos así a recuperación da normalidade (sempre con precaución) e facémolo por todo o alto xa que recibimos un apoio total pola vosa parte e a expedición terá un tamaño de record. Será a maior saída do C.B. Caselas na súa historia.

Nada máís e nada menos que 112 persoas acompañarannos nesta aventura.

So podemos darvos as grazas e desexarvos que o pasedes xenial.

O noso agradecemento o Concello de Salceda de Caselas o seu apoio e colaboración e o C.B Ourense que sempre nos recibe cos brazos abertos.