O presidente do club Fredi e o noso coordinador deportivo Adrián, realizaron nos inicios desta tempada un curso de 1ºs auxilios e utilización de desfibrilador xunto @s nos@s compañeir@s de patinaxe, balonmán, badmintón e os demáis deportes de Salceda, así como os técnicos de deportes das EDM Salceda.

Agora, xa teñen físicamente os seus respectivos carnés de DESA-DEA!

Agradecemos ao Concello de Salceda de Caselas e as Escolas Deportivas que invirtan e aposten por estas iniciativas tan enriquecedoras como necesarias.

Traballar con rapaz@s é apaixoante e moi gratificante pero tamén implica unha grande responsabilidade e sempre buscamos mellorar e estar o máis preparados posible de cara ás diversas situacións que se poidan presentar.

blank

Grazas tamén a Proxecto Salvavidas e a David por facer o curso tan práctico e ameno. Aprendimos moito!