blank
Salto inicial no partido en Pontecesures.

Viaxe longísimo do CB.Caselas a Pontecesures para enfrontarnos ao campión da liga arousana: o Extrugasa Río Ulla, un conxunto que se coñecen moi ben entre eles, moi compensado e que só perdeu un partido en toda a liga.
Os nosos, con só 8 xogadores, aparecían case sen homes altos polas baixas de Bernabé, dos irmáns Javi e Sergio, e o aleiro Fredi.

Pero os de Salceda plantaron cara ata que as forzas poideron, suplindo a clara falta efectivos e de rebote con rápidos contrataques, a pesares de non estar acertados no lanzamento. 
Ao inicio do periodo final seguiamos vivos: 49-40 no marcador, con Darío como o noso mellor home. Aguantamos ben a superioridade no rebote e as numerosas triplas dos locais e afrontabamos con optimismo o periodo final.
Visto e non visto, nos primeiros tres minutos dese último periodo, os de Pontecesures nos endosaron un parcial de 9-0 que nos rematou ata esa diferenza final.
CB.Caselas (49): Xur 10, Darío 26, Carlos 0, Toni 10, Nico 3. QUINTETO. Jose 0, Rober 0 e Manu 0.
Parciais: 20-17 / 20-12 / 9-11 / 22-9.
Incidencias: Tarde de sábado no Pavillón Municipal de Pontecesures, con boa entrada. O público despediu con aplausos aos dous equipos.

CATEGORÍAS BASE:
Victorias para os dous equipos femininos do clube, que están a deixar moi boas sensacións e defendendo con moito orgullo as cores do CB.Caselas. Así, o sábado as Junior vencían en Xinzo de Limia (Ourense) as locais por 38-54. O domingo as Minis facían o propio co Salesianos Vigo por 66-45 nun bo partido.
Tamén moi ben o Premini, con doble xornada en Salceda e doble victoria: 66-41 perante Novobasket Vigo e 72-42 perante Seis do Nadal B. Noraboa!!
O Mini Masc nun encontro igualado non podía co Nigrán: 39-51.

Na imaxe, outra xogada do senior en Pontecesures.
blank