SENIOR FEMININO

IGUALDADE CAMBADOS 66 – 60 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 24 – 11 / 10 – 18 / 9 – 20 / 23 – 11

Anotadoras: Tamara 27; Saray 9; Elena V. 6: Cris 5; Ana 4; Andrea 3; Yoli 3; Joana 2; Alba 1; Laura; Elena T.; Iria Pino.

Partido de ida e volta o desputado polo noso senior feminino o pasado sábado en Cambados.

As de Julián non saíron ben ao encontro, encaixando un duro parcial en contra no primeiro periodo; pero no segundo e terceiro cuarto o Caselas impuxo o seu xogo e lograron remontar poñéndose por diante no marcador.

Coas forzas igualadas, o partido decidíuse nos derradeiros instantes con ambos os dous equipos loitando pola victoria. Bo esforzo rapazas !!!

O noso senior feminino remata así a liga regular, nun meritorio séptimo posto con nove victorias e once derrotas, quedándose moi perto da clasificación para os playoffs.

O equipo mostrou unha dinámica ascendente e competíu moi ben en practicamente todos os encontros.

Agora toca xogar a eliminitaoria contra o grupo norte antes da copa. A continuar mellorando !!!

SENIOR MASCULINO

ILLAS CÍES 73 – 41 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 23 – 4 / 19 – 10 / 18 – 13 / 13 – 14

Anotadores: Pablo S. 7; Brais 6; Xur 6; Girma 5; Manu G. 4; Héctor 4; Iván 4; Fredi 3; Rober 1; Jorge 1; Jose; Pablo C.;

O noso senior masculino recibíu a derrota máis dura de toda a tempada na súa visita ao equipo vigués do Illas Cíes.

Os de Martín non tiveron ningunha opción xa dende o primeiro periodo e completaron o partido máis frouxo de todo o curso.

Toca recuperarse para afrontar a derradeira xornada de liga na casa e facer un bo encontro para despedir unha gran tempada regular por parte dos nosos.

JUNIOR FEMININO

C.B. CASELAS MOTHERSON 73 – 52 C.B. BAIONA

Despois do seu triunfo por tres puntos ante Cluny no partido aprazado do pasado xoves, as junior buscaban a segunda victoria consecutiva na visita do C.B. Baiona.

As rapazas do Caselas fixeron un gran encontro, acadando a máxima anotación da tempada grazas ao traballo e esforzo de todas as xogadoras, atopando un ritmo fluído en ataque perante a defensa en zona durante 40 minutos do equipo visitante.

Triunfo moi merecido antes de desputar os dous derradeiros partidos de liga perante as nosas veciñas do C.B. Condado.

Grandes !!!

JUNIOR MASCULINO

SEIS DO NADAL COIA 82 – 16 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES

CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS BALIDEA 39 – 64 C.B. TUI

INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO 55 – 67 NS ESPERANZA NEGRO

MINIBASKET

PREMINI

C.B. CASELAS ALVANOR 32 – 63 CD ESPERANZA NARANJA

MINI FEMININO

C.B. CASELAS A XANELA 62 – 69 DIVINO SALVADOR LOS SAUCES

MINI MASCULINO

CD ESPERANZA 53 – 27 C.B. CASELAS NOREXCA


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!