Por fin comezan as ligas para os equipos de formación!

Esta fin de semana debutamos en competición oficial con todas as categorías de canastra grande, que xunto cos dous equipos senior do C.B.Caselas competiron ben en todos os partidos da xornada.

SENIOR MASCULINO

C.B.ELÉCTRICA SESTELO CONDADO 44 – 47 C.B.CASELAS

Parciais: 12 – 11 / 14 – 14 / 12 – 12 / 6 – 10

Anotadores: Xur 14; Eloy 8; Aitor 6; Alex 6; Fredi 4; Fran 3; Rober 2; Iván 2; Jose 2; Héctor; Jorge; Manuel.

O equipo de Martín xogou un partido moi intenso e disputado, como ven sendo habitual os últimos anos nos derbis entre o nosos e o C.B.Condado.

O marcador reflexou en todo momento a igualdade do choque, movéndose sempre en diferenzas mínimas, de dous puntos máximo para ambos equipos.

O esforzo colectivo e o compromiso de todos os xogadores deu os seus froitos, levándose unha valiosa victoria nesta segunda xornada de liga nunha cancha moi difícil na categoría.

SENIOR FEMININO

blank

SALESIANOS VIGO 81 – 42 C.B.CASELAS

Parciais: 21 – 8 / 22 – 17 / 17 – 3 / 21 – 14

Anotadoras: Alejandra 10; Saray 7; Tamara 6; Laura 5; Susana 4; Irene 4; Cristina 4; Lucía 2; Gloria; Raquel; Elena; Iria.

Partido duro para o noso senior feminino o xogado o pasado domingo en Salesianos. Nesta terceira xornada de liga, as de Joseba atopáronse fronte un equipo que mostrou un gran nivel e intensidade e que despregou unha defensa presionante a toda pista durante gran parte do encontro.

As nosas comezaron o partido sen poder saír desta presión defensiva, pero reaccionaron nun bo segundo cuarto, no que conseguiron limar diferenzas no marcador. Na segunda parte o equipo local foi superior ao Caselas.

A pesares da derrota, o equipo fixo cousas moi ben e continúa a mellorar día a día neste inicio da competición. A próxima fin de semana xogaremos en casa contra o Depordima de Ourense. Será o DOMINGO 29 de OUTUBRO ás 12:30h. Agardámosvos a tod@s para animar ao equipo!!!

CATEGORÍAS BASE

INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS HERMANOS 42 – 47 SEIS DO NADAL B

C.B.CASELAS NATURAL GRANITE 13 – 65 CESMA CONDADO 64

CADETE FEMININO

C.B.CASELAS 54 – 42 SUPER MACAR CONDADO

blank

CADETE MASCULINO

SEIS DO NADAL B 25 – 65 C.B.CASELAS

Máis aló dos resultados, os nosos equipos de formación esforzáronse ao máximo e o deron todo na pista. Había ganas de partidos! Isto acaba de comezar!


Faite soci@ facendo click no carnet de abaixo!!!

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é WhatsApp-Image-2023-10-20-at-13.49.48.jpeg

Ou deixa a tua reseña/opinión sobre o Club en Google!!