SENIOR FEMININO

C.B.CASELAS 45 – 37 DEPORDIMA OURENSE

Parciais: 13 – 13 / 8 – 6 / 10 – 10 / 14 – 8

Anotadoras: Saray 11; Alejandra 8; Tamara 7; Susana 6; Irene 4; Cristina 3; Laura 2; Elena 2; Iria 2; Lucía; Raquel; Gloria.

Á cuarta chegou a vencida :). O senior feminino logrou a primeira victoria da tempada perante o Depordima de Ourense nun partido en xeral moi igualado.

As xogadoras do Caselas tiveron momentos de gran actividade defensiva, o que permitíulles correr e levar a cabo un xogo rápido e alegre; unha seña de identidade que busca o equipo de Joseba, a través dos cales acadamos as primeiras vantaxes no electrónico.

Pola contra, tamén tivemos tramos de menor intensidade, o que levou ao equipo a xogar a un ritmo máis baixo imposto polas visitantes, que conseguiron manter o marcador con diferenzas curtas durante todo o choque.

Moi positiva foi a resposta das nosas nestes momentos, xogando moi bos ataques contra a defensa zonal plantexada polo equipo ourensán e acadando así unha merecida primeira victoria nesta tempada pioneira no baloncesto feminino en Salceda.

Noraboa e a continuar traballando!

SENIOR MASCULINO

blank

C.B.REDONDELA 30 – 58 C.B.CASELAS

Parciais: 7 – 13 / 9 – 15 / 7 – 11 / 7 – 19

Anotadores: Eloy 17; Aitor 14; Xur 9; Iván 7; Jose 4; Alex 4; Manuel 2; Héctor 1; Rober; Jorge.

Segunda victoria consecutiva do Senior Masculino, que refrenda con resultados as boas sensacións que deixaron os xogadores de Martín nestas tres primeiras xornadas de liga.

O Caselas imprimíu un ritmo moi alto durante todo o partido, e grazas a aportación de todos os xogadores do equipo, leváronse de Redondela un partido que dominaron practicamente dende o primeiro periodo.

Noraboa e a por todas no derbi contra Porriño o próximo sábado!

CATEGORÍAS BASE

CADETE MASCULINO (DOBRE XORNADA)

blank

C.B.CASELAS 84 – 25 CÍA DE MARÍA

C.B.CLUNY 20 – 96 C.B.CASELAS

CADETE FEMININO

blank

CÍA DE MARÍA 55 – 53 C.B.CASELAS

INFANTIL MASCULINO

SALESIANOS A 44 – 52 C.B.CASELAS HNOS NÚÑEZ

MINI FEMININO

blank

C.B.CASELAS 6 – 51 C.B.REDONDELA

MINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 57 – 37 C.B.CONDADO

Haberá xornadas que gañemos moitos partidos, como nesta pasada fin de semana. Haberá outras nas que gañaremos poucos ou ningún. Pero máis aló de gañar ou perder, non podemos estar máis orgullos@s de cómo están a competir os nosos equipos de canteira dende que comezaron os partidos oficiais.

O obxectivo do C.B.Caselas é formar aos rapaz@s coa idea de que non valoren o deporte soamente polos resultados dos partidos. Mellorar o máximo posible individualmente e como equipo, competir sempre ao máximo das súas posibilidades e desfrutar deste marabilloso deporte. Este é o camiño que buscamos.

Noraboa a tod@s polo esforzo! Isto acaba de comezar!

IMPORTANTE!

O próximo SÁBADO 18 DE NOVEMBRO celebraremos o acto de PRESENTACIÓN do C.B. CASELAS!

Un evento imprescindible para tod@s os equipos do clube. Pronto + INFO!

A próxima xornada máis e mellor!

blank