O protagonismo da fin de semana foi claramente para @s nos@s xogador@s máis pequech@s: os valentes e intrépidos insectos do C.B.CASELAS!

Para tod@s el@s, esta concentración supoñía a súa primeira experiencia nun partido de baloncesto, e abofé que desfrutaron e fixeron desfrutar ao público presente coas súas peripecias, botes, saltos, pases, canastras, volteretas e travesuras, pero, sobre todo, coa súa ilusión, que iluminou todo o pavillón!

blankblankblankblank

O C.B.Caselas BABY xogou dous partidos: o primeiro perante os nosos veciños do C.B.Tui e o segundo, contra Salesianos Vigo. Os partidos duraron 20 minutos a tempo corrido e non se levou o marcador. O resultado foi: PURA DIVERSIÓN!

blankblankblank

Estabamos desexando voltar a organizar estas concentracións, que debido á pandemia non se celebraba en Salceda dende xaneiro de 2020 (que se dí pronto). Supón un gran esforzo organizativo e loxístico para o C.B.Caselas, pero paga a pena. Agardamos que antes de finalizar esta tempada 21-22, poidamos facer outra no Pavillón Municipal. As sedes destes eventos BABY van rotando cada mes.

blankblank

blankblank

Queremos agradecer a todos os equipos participantes (C.B.Tui, C.B.Redondela e Salesianos Vigo) polo seu traballo e comportamento; a todas as familias asistentes polo seu comportamento nas gradas e sobre todo, a tod@s @s xogador@s que se portaron xenial e o deron todo na pista. Son uns cracks!!!

Tamén agradecer ao Concello de Salceda de Caselas e ás EDM pola súa colaboración, así como a Bruno e Javi do junior masculino por estar sempre dispostos a votar unha man nas arbitraxes!

Xa estamos contando os días para a seguinte!!!

blank

Resultados Fin de Semana:

SENIOR MASCULINO: Salesianos 52 – 40 C.B.Caselas

JUNIOR MASCULINO: C.B.Caselas 27 – 72 C.B.Nigrán

JUNIOR FEMININO: C.B.Caselas 31 – 89 PBB A

INFANTIL MASCULINO: C.B.Caselas 57 – 6 C.B.Cluny

INFANTIL FEMININO: 6 do Nadal 64 – 28 C.B.Caselas

MINI MASCULINO: C.B.Redondela 60 – 10 C.B.Caselas

PREMINI FEMININO: PBB 59 – 9 C.B.Caselas

PREMINI MASCULINO: PBB 45 – 15 C.B.Caselas