Esta pasada fin de semana o Senior Masculino xogou un partido moi duro ante un rival difícil, o Rías Baixas de Vigo.

A saída nos primeiros minutos dos de Martín foi boa, pero pronto o equipo visitante comezou a impoñer o seu ritmo de xogo, cunha zona ben poboada en defensa aproveitando o tamaña dos seus interiores e mostrando unha gran templaza e intelixencia en ataque.

Os nosos o intentaron e seguiron no partido ata o final aínda que as diferencias no electrónico podían levar a pensar que o Caselas se podía deixar levar. A actitude do equipo a pesares do resultado foi boa e agardamos que este partido sirva para medrar.

Este sábado 4 de decembro temos o segundo asalto contra o Rías Baixas as 18:00h no Pavillón das Travesas. A mellorar respecto ao primeiro!

C.B.CASELAS 46 – 76 RÍAS BAIXAS (11-20 / 6-15 / 18-26 / 11-15)

Anotadores: Xur 14; Pablo 15; Pino 5; Ledo 5; Migui 1; Héctor 2; Alex 2; Rober 2; Fredi; Jose; Quique; Iván (Lesionado)

CATEGORÍAS BASE:

Partidos moi bonitos se deron nesta fin de semana para os nosos equipos de formación, en especial o do Junior Feminino no Colexio Apóstol de Vigo.

As nosas fixeron un partidazo nun choque emocionantísimo que non se decidíu ata os derradeiros segundos.

JUNIOR FEMININO

Apóstol Vigo 56 – 52 C.B.Caselas

JUNIOR MASCULINO:

C.B.Caselas 38 – 76 Seis do Nadal “C”

INFANTIL FEMININO:

C.B.Caselas 31 – 48 Miralba Naranja

INFANTIL MASCULINO:

C.B.Caselas 31 – 49 C.B.Baiona

MINI MASCULINO:

C.B.Caselas 63 – 13 Colexio Esperanza

Como nota negativa, sinalar que nesta fin de semana 3 xogador@s de distintas categorías tocoulles vivir o lado amargo do deporte: as lesións.

Senbete do junior feminino, Samu do junior masculino e Fredi do senior, sufriron fortes torceduras de nocello e estarán un tempiño fora das pistas. Desexámosvos unha pronta recuperación!!!

ARRIBA CASELAS!