SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 48 – 45 PULPIÑO GALO SANTIAGO
Parciais: 18 – 19 / 8 – 5 / 16 – 11 / 6 – 10
Anotadoras: Tamara 16; Cris 11; Ana 5; Susi 5; Andrea 4; Alba 2; Laura 2; Elena T. 2; Elena V. 1; Ainhoa; Joana; Iria Pino.
Triunfo merecido e pelexado do noso senior feminino ante o Pulpiño Galo Santiagués na ida da eliminatoria Norte – Sur.
Grazas á aportación de todas as xogadoras, levamos tres puntos de diferenza ao noso favor para afrontar o partido de volta que desputaremos o domingo que vén en Santiago. A por todas !!!
SENIOR MASCULINO

C.B. MOS 62 – 48 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
Parciais: 22 – 8 / 15 – 7 / 8 – 23 / 17 – 10
Anotadores: Pablo S. 14; Pablo C. 10; Xur 8; Girma 7; Eloy 4; Rober 3; Héctor 2; Iván; Jose; Fredi; Manu G.; Brais Martínez.
O noso senior masculino comezou con derrota a copa na súa visita ao C.B. Mos.
O Caselas non saíu nada ben ao partido e o parcial en contra de 22 – 8 ao remate do primeiro periodo foi unha desvantaxe insalvable ata o final dos 40 minutos.
Aínda así, os de Martín reaccionaron despois do descanso e fixeron un gran terceiro cuarto, o que permitíu crer na victoria pero dúas triplas seguidas dos locais finiquitaron as opcións dos nosos.
Agora, a polo seguinte partido !!!
CADETE MASCULINO

C.B CASELAS BALIDEA 56 – 50 SEIS DO NADAL
Gran partido do noso cadete masculino na visita do Seis do Nadal vigués.
Foi un encontro moi igualado e disputado, no que grazas a aportación de todos os rapaces o equipo mostrou unha gran actitude defensiva e foi quén de superar a defensa zonal dos visitantes durante practicamente 30 minutos de xogo.
Noraboa !
INFANTIL MASCULINO

NS ESPERANZA NARANJA 10 – 61 C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO
Gran inicio de copa para o noso Infantil Masculino, que acadou unha clara victoria a domicilio na visita ao NS Esperanza.
Na segunda xornada de copa xogaremos de novo fora de casa, visitando ao C.B. Redondela.
A desfrutar !

PBB C 50 – 17 C.B. CASELAS EAM
Clara derrota do infantil feminino na primeira xornada de copa na pista do PBB.
A polo seguinte partido rapazas !!!
MINI MASCULINO

C.B. CASELAS NOREXCA 45 – 58 C.B. APÓSTOL
Partido igualado do mini masculino que acabou con derrota ante o Apóstol.
Bo esforzo chicos !!!
MINI FEMININO

C.B. CASELAS A XANELA 44 – 65 NOVOBASKET
Partido moi entretido e con un ritmo altísimo no que ambos os dous equipos mostraron un bo nivel.
Ben xogado !!!
PREMINI

C.B. CASELAS ALVANOR 51 – 49 SAN JOSÉ DE CLUNY (2 PRÓRROGAS)
Auténtico partidazo do noso premini na visita a Salceda do equipo vigués do San José de Cluny.
Nin máis nin menos que dúas prórrogas necesitáronse para decidir o encontro.
Os nenos (e as familias) desfrutaron a reo deste partido no que xogaron por primeira vez na súa vida unha prórroga, neste caso por partida doble.
O triunfo caeu do noso lado, pero o máis importante foi a experiencia !!!
Grandes !!!

NOVAS V CAMPUS DE VERÁN C.B. CASELAS (23 AO 27 DE XUÑO DE 2026)
Pouco a pouco imos desvelando as visitas e actividades do noso V CAMPUS !


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments