Cómo botábamos de menos vibrar cun partido do noso Senior Masculino Hermanos Núñez!

O pavillón municipal mostrou unha boa entrada tanto no partido do Junior Feminino como no partido Senior, e a xente que acudíu a ver baloncesto nesta tarde dominical o pasou en grande.

O partido dos nosos foi igualadísimo e de poder a poder, con constantes alternancias de liderado no marcador e con ambos equipos mostrando un xogo intenso e con boas porcentaxes de tiro.

O C.B.Caselas o deu todo e mostrou unha actitude de equipo que fai afección: a intensidade e esforzo defensivo, a mellora no ataque estático e un traballo titánico no rebote ofensivo, fixo que os nosos, coa aportación de tódolos xogadores, tiveran opcións de victoria ata o final.

A xogada do partido: a falta de 6 décimas para o final do cuarto período, con 3 puntos abaixo no marcador, unha xogada deseñada polo noso adestrador Martín no tempo morto foi executada á perfección polo equipo e rematou cun triplazo dende a esquina do noso canteirán Jose, que levou o choque ao tempo extra!

A prórroga continou mostrando a igualdade imperante do partido, e finalmente a vitoria foi para o equipo visitante, o que non resta nin un ápice ao meritorio partido do noso senior, que comeza a carburar e mostrar os frutos do traballo realizado por Martín (que por certo cumpría anos onte, parabéns!!) e os seus dende o comezo dos adestramentos o pasado 28 de agosto. A seguir así!

C.B.CASELAS 75 – 78 SALESIANOS “B” ( 20 – 20 / 11 – 16 / 15 – 12 / 17 – 15 / 12 -15 )

Anotadores: Xur 21; Miguel 1; Pino 17; Pablo 9; Quique 8; José 10; Héctor 4; Alex 3; Fredi; Rober; Ledo e Iván causaron baixa.

blank

RESULTADOS CATEGORÍAS BASE:

JUNIOR FEMININO

C.B.CASELAS 34 – 63 APÓSTOL

INFANTIL FEMININO

C.B.CASELAS 32 – 37 C.B.TUI

INFANTIL MASCULINO

APÓSTOL 34 – 76 C.B.CASELAS

JUNIOR MASCULINO

6 DO NADAL 95 – 26 C.B.CASELAS

blank