V Campus CB Caselas superou todas as expectativas. En tan só 4 días desde a apertura das inscricións, esgotáronse todas as prazas dispoñibles, confirmando o enorme interese e a confianza que ano tras ano depositan en nós xogadores e familias.

https://www.facebook.com/share/p/1AvvhLAy5f

https://www.farodevigo.es/comarcas/a-lourina/2026/04/12/cb-caselas-completa-inscripcion-campus-128999891.html

Este campus non é un máis. É unha edición moi especial para o club, xa que representa o resultado de cinco anos de traballo, crecemento e dedicación. O que comezou como unha iniciativa ilusionante converteuse nunha cita imprescindible no noso calendario, consolidándose como unha experiencia deportiva e formativa de referencia na contorna.

Queremos amosar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas e entidades que fan posible este proxecto:

  • Aos xogadores e xogadoras, polo seu entusiasmo e ganas de seguir medrando.
  • Ás familias, pola confianza que depositan en nós ano tras ano.
  • Ao Concello de Salceda de Caselas e á Deputación de Pontevedra, polo seu apoio constante ao deporte base.
  • E, por suposto, a todos os nosos patrocinadores, cuxo compromiso é fundamental para que este campus siga sendo unha realidade.

Dende o club afrontamos esta quinta edición coa mesma ilusión do primeiro día, pero coa experiencia acumulada que nos permite seguir mellorando e ofrecer unha proposta de maior calidade.

Vémonos moi pronto nunha nova edición que, sen dúbida, volverá ser inesquecible.


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Novas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!