SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS 51 – 42 ILLAS CÍES

Parciais: 8 – 8 / 10 – 10 / 12 – 8 / 21 – 16

Anotadores: Xur 13; Pablo 9; Aitor 8; Maki 7; Jorge 6; Eloy 4; Héctor 2; Rober 2; Jose; André; Alex; Fredi.

Bo partido do noso senior masculino, que estase a mostrar moi sólido nestas primeiras xornadas copeiras. Máis aló das dúas victorias en dous partidos, os de Martín están a funcionar ben como equipo tanto no aspecto ofensivo como no defensivo.

A primeira parte do choque tivo unha baixa anotación por parte de ambos os dous equipos. Á volta dos vestiarios o Caselas estivo máis acertado, sobre todo no derradeiro periodo (21 puntos a favor). Con todo, o partido non foi doado e os nosos tiveron que esforzarse ao máximo para levarse a victoria.

Noraboa a todo o equipo e agora a por todas no derbi perante Condado o vindeiro domingo 12 de marzo ás 20:00h no Álvaro Pino de Ponteareas!

CATEGORÍAS BASE

JUNIOR FEMININO

blank

SALESIANOS B 59 – 49 C.B.CASELAS

As rapazas de Adrián non tiveron o seu mellor día (moitos erros nos tiros libres e finalizacións debaixo do aro), pero continúan a competir todos os partidos. Estamos moi orgullosos do traballo de todas.

CADETE MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 46 – 42 SEIS DO NADAL B

Bo partido dos cadetes na derradeira xornada de liga. Os nosos rematan a competición nun meritorio 4º posto. Gran traballo de todos os rapaces, nun equipo integrado por moitos xogadores de primeiro ano e infantiles. Agora, a dalo todo na copa!

INFANTIL MASCULINO

blank

O Infantil Masculino clasificouse para as SEMIFINAIS de liga!!!

Noraboa a todo o equipo. Agora toca desfrutar e acumular experiencias nunha eliminatoria a ida e volta perante BASKETGAL OBRADOIRO que promete ser apaixoante. O que gañe, pasará á gran final.

INFANTIL FEMININO

blank

C.B.CASELAS 26 – 52 DEFENSORES MORRAZO

As infas continúan a súa andadura na fase polo título de liga entre os seis mellores equipos da competición.

As nosas competiron moi ben, sobre todo na primeira metade (15 – 19 era o marcador ao descanso). Na segunda parte, a superioridade física das visitantes decantou o partido.

Estamos moi content@s co papel que están a facer as nosas infantiles. A seguer así!

MINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 53 – 17 BASKETGAL OBRADOIRO

Gran partido dos minis que están a xogar no duro grupo 2 da competición. O pasamos xenial e desfrutamos moito coa progresión de todos os rapaces.

MINI FEMININO

blank

MIRALBA – C.B.CASELAS (KO)

As nosas rapazas do mini perderon por KO perante o Miralba. Está a ser unha tempada dura, pero estamos seguros que axudará a este a grupo a mellorar de cara ao futuro. O resultado dos partidos non é nin será prioridade no noso clube, senon a mellora día a día de todos os equipos. Ánimo!

PREMINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 44 – 14 SALESIANOS VIGO B

Gran partido do Premini Masculino, que continúa a mellorar e a medrar día a día. A seguer así!

Lembrade que está aberta a inscrición para asistir ao derbi ACB OBRADOIRO – BREOGÁN o sábado 25 de marzo!!!

Animádevos!!!