C.B.CASELAS 53 – 41 C.B.ELÉCTRICA SESTELO

Parciais: 17 – 5 / 6 – 18 / 14 – 8 / 16 – 10

Anotadores: Xur 12; Alex 7; Héctor 6; Pablo 6; Iván 6; Pedro 4; Eloy 3; Aitor 3; Fredi 2; Rober 2; Maki 2; Jose.

Á quinta chegou a vencida e o Caselas senior por fin foi capaz de vencer aos nosos veciños do baloncesto Condado, que nos catro partidos anteriores gañaron aos de Martín de todas as maneiras posibles: con canastra no derradeiro segundo, remontando 15 puntos no último periodo e dous partidos por diferenzas amplas no marcador.

Nesta ocasión o C.B.Caselas mostrou un gran tono defensivo e foi quén de atacar con paciencia e calidade a defensa en zona plantexada polos visitantes.

Na primeira metade do partido houbo un periodo para cada equipo, pero na segunda o Caselas impuxo o seu ritmo de xogo e grazas a un bo traballo dos doce xogadores (cada un aportando o seu) a victoria quedou na casa nesta primeira xornada do torneo final, no que temos dous obxectivos claros: competir e construir.

A próxima fin de semana toca visitar a un clásico do baloncesto vigués, o C.B.Rodaballo. A por todas!

CADETE MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 41 – 67 NOVOBASKET B

Partido frouxo dos nosos, que en ocasións pecaron de falta de intensidade e actitude defensiva e na loita de balón. A aprender do sucedido e a polo próximo partido en Nigrán!

MINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 38 – 36 SEIS DO NADAL C

Partido intenso e igualado na estrea do Mini Masculino neste Grupo 1 (máximo da categoría viguesa). Os rapaces fixeron un esforzo tremendo nun día de calor abafante (factor que afectou a ambos equipos por igual).

Cun marcador de 35 – 36 para os visitantes a falta de 30 segundos para o final de partido, unha tripla de Manu ao máis puro estilo Stephen Curry (isto é: pasar medio campo, prantarse e tirar a nove metros) entrou limpa e deixou o electrónico final con dous puntos arriba para o Caselas.

O obxectivo do Mini Masculino neste grupo é divertirse, competir e mellorar ao máximo aproveitando que xogaremos partidos contra rivais de moito nivel, e comezar cunha victoria animará a todos a seguir traballando duro!

A próxima fin de semana máis e mellor!!!