BASKETGAL SAUCES 72 – 61 C.B.CASELAS

Qué partidazo vivimos este pasado sábado na gran final de copa infantil masculino 2022-23!

Os nosos o deron absolutamente todo e competiron ata o derradeiro segundo. A pesares de que o equipo de Basketgal Sauces Obradoiro sempre mandou no marcador, o Caselas mantívose todo o encontro facendo a goma, chegando a poñerse a 7 puntos e posesión a falta de 4 minutos.

Indepedientemente do marcador, queremos destacar o gran traballo e esforzo de todos os xogadores neste encontro. Non podemos estar máis orgullosos deste grupo, tanto polo mostrado nesta final como a súa mellora e compromiso durante toda a tempada (3º Posto na Liga e Subcampeonato de Copa), pero sobre todo polo gran compañeirismo que mostran entre eles que, sen dúbida, é o máis importante.

Felicitar tamén aos Sauces polo título e o seu traballo. Ambos equipos demostraron con creces por qué foron os equipos finalistas de copa.

Estamos desexando que chegue xa a próxima tempada na que seguro que estes rapaces continuarán dando moitas alegrías ao clube.

blank

TORNEOS MINIBASKET VILA DE SALCEDA

blank

O pasado domingo o pavillón municipal de Salceda convertíuse nunha festa do minibasket masculino e feminino!

O C.B.Caselas exerceu de anfitrión do Torneo Vila de Salceda, coa visita do C.B.Tui, C.B.Baiona, C.B.Condado e C.B.Redondela.

blank

Foi unha espectacular xornada de baloncesto e convivencia. Noraboa a todos os equipos participantes polo seu comportamento e nivel deportivo.

Así da gusto!

blank

CHEGA A LIGA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS!!!

Como cada final de tempada, xa está aquí o evento por excelencia do C.B.Caselas, no que participan todos e cada un dos membros que forman esta gran familia.

Nas dúas próximas semanas todo@s @s xogador@s do clube, dende categoría baby ata senior, convivirán neste gran broche final desta tempada 2022-23!

blank