INFANTIL MASCULINO (GRAN FINAL DE LIGA)

C.B.CASELAS HNOS NÚÑEZ 52 – 88 PORRIÑO A

O Infantil Masculino Hermanos Núñez acadou o subcampionato de liga, despois de facer unha gran tempada.

Na gran final contra Porriño os rapaces deixáronse a pel na pista e competiron ben sobre todo na primeira metade; pero en xeral o equipo visitante foi superior neste partido e levouse a victoria de maneira merecida. Noraboa ao PBB A por este título.

A pesares da derrota non podemos estar máis orgullos@s do noso grupo infantil masculino, tanto do equipo Hermanos Núñez como do Natural Granite, que están a facer unha tempada tremenda e mellorando moito tanto individual como colectivamente. Unha mostra do traballo realizado é o gran papel do equipo na fase final de liga, clasificándose invicto para xogar este derradeiro gran partido.

Como nota negativa e como xa sucedera no playoff de ascenso cadete masculino en xaneiro, non houbo ningún estamento da federación presente no partido. Resulta realmente decepcionante este tipo de situacións. Pensamos que unha final de liga debería ter presenza da federación ou delegación, como mostra de respeto aos clubes.

AS COMPETICIÓNS ZONAIS TAMÉN EXISTEN !!!

Voltando ao importante…SODES GRANDES RAPACES ! AGORA A DESFRUTAR DA COPA !

SEIS DO NADAL D 72 – 22 C.B.CASELAS NATURAL GRANITE

SENIOR FEMININO

blank

GRUPO MEF TERRA CHA 21 – 40 C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 7 – 10 / 6 – 7 / 4 – 13 / 4 – 10

Anotadoras: Irene 13; Tamara 8; Iria 5; Alejandra 3; Cris 3; Raquel 2; Susi 2; Lucía 2; Elena 2; Laura.

O senior feminino acadou esta fin de semana a décima victoria desta primeira tempada da historia do Caselas nesta categoría!

Despois de 2h 35 de viaxe en bus ata Vilalba, a pesares do cansanzo debido ao longo desprazamento as de Joseba dominaron o partido dende a defensa, nun choque con pouca anotación e na que todas as xogadoras aportaron para conseguir un novo triunfo.

blank

Desta maneira logramos gañar a eliminatoria contra o grupo de Lugo, nun enfrontamento inédito ata esta tempada entre o C.B.Caselas e o Terra Cha de Vilalba.

Agora toca xogar as semifinais de copa nunha eliminatoria a ida e volta contra o Xuventude Cambados que promete ser apaixoante. Ánimo rapazas !

SENIOR MASCULINO

blank

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 73 – 54 C.B.RODABALLO

Parciais: 28 – 11 / 6 – 15 / 15 – 14 / 24 – 14

Anotadores: Xur 25; Jorge 16; Héctor 9; Jose 6; Rober 6; Darrell Paxton II 4; Kentre Williams 3; Iván 2; Manuel 2; Fredi; Alex.

O senior masculino está en racha. O equipo de Martín cosechou o seu décimo triunfo consecutivo (que se dí pronto) na visita dun clásico do baloncesto vigués, o C.B.Rodaballo.

Os nosos dependen de sí mesmos para clasificarse para as semifinais de copa: se gañan un dos dous partidos que restan, estarán clasificados.

Sorte e a por todas !!!

CADETE MASCULINO

blank

C.B.CASELAS BALIDEA 70 – 45 PBB B

Os cadetes comezaron a copa cun gran partido, acadando a victoria no derbi contra Porriño. Noraboa e a continuar traballando !

PREMINI MIXTO

blank

C.B.CASELAS 19 – 47 CÍA DE MARÍA

Primeiro partido da copa Premini, onde debutou un novo membro da familia do Caselas. Benvido Bieito !

III CAMPUS C.B.CASELAS

25 ao 29 de XUÑO de 2024

SPOT III CAMPUS C.B.CASELAS

Lembrade que @s xogador@s do C.B.Caselas tedes ata o día 10 de MAIO pra inscribirvos a prezo reducido dende a web do campus !

QUEDAN MOI POUCAS PRAZAS !!!

blank
blank

CARREIRA CORRE X SALCEDA

blank

Un ano máis o C.B.Caselas colaborou co Concello de Salceda e as Escolas Deportivas na organización da carreira Corre X Salceda.

@s participantes o deron todo sobrepoñéndose ás complicadas condicións meteorolóxicas !

A nosa xogadora senior Tamara e o noso cadete Alex acadaron o primeiro posto nas categorías Salcedense en 5 KM e Categoría A 2,5 KM respectivamente ⛹️‍♀️⛹️

Noraboa a ambos !!!

blank

Durante o descanso do partido senior masculino desta pasada fin de semana, en colaboración co proxecto educativo – musical A Banda dos Insectos e SAPIX SALCEDA sorteamos o audiolibro Pasando a Bola. Noraboa a gañadora !!!