C.B.CASELAS 72 – 28 APÓSTOL
Partidazo o xogado polos nosos infas o pasado domingo, acadando unha victoria que otorgalles un merecido pase á final de copa!
Os de Julián fixeron un gran traballo colectivo e todos os xogadores aportaron o seu para dominar o encontro, sobre todo a partir do terceiro periodo.

O Caselas xogará a gran final de copa perante Sauces Obradoiro a fin de semana do 3 e 4 de xuño. O equipo fixo unha tempada espectacular e merecen desfrutar deste momento. A por todas e, sobre todo, a pasalo en grande!
SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS 43 – 49 SAUCES SAN JOSÉ
Parciais: 11 – 13 / 8 – 11 / 13 – 12 / 11 – 13
Anotadores: Xur 16; Alex 7; Eloy 6; Pedro 4; Iván 4; Pablo 4; Héctor 2; Fredi; Jose; Aitor; Jorge.
Partido irregular do Senior no seu derradeiro partido como local neste curso. Aínda así competiron ata os últimos segundos do partido.
Pecharemos a tempada visitando ao Illas Cíes o próximo sábado ás 16:00h no pabellón do Berbés.
MINI MASCULINO

CÍA DE MARÍA 28 – 42 C.B.CASELAS
Gran partido do noso mini masculino, rubricando un gran curso dos nosos, que comezaron a tempada no grupo 5 e foron ascendendo ata o gupo 1, no que competiron moi ben e continuaron coa súa gran progresión. Enormes!
MINI FEMININO

As rapazas do mini remataron unha tempada dura en moitos momentos, pero na que sobre todo no tramo final demostraron a súa melloría e desfrutaron competindo ben. Sodes grandes!
MIRALBA NARANJA 61 – 10 C.B.CASELAS
PREMINI MASCULINO

O premini rematou a tempada cun gran tramo final no que o deron todo e xogaron a un gran nivel. Sodes tremendos!
C.B.CASELAS 39 – 28 NOVOBASKET B
BABY

Qué ben o pasamos na derradeira concentración baby da tempada! Pura paixón e divertimento!
Unha vez rematadas as competicións oficiais en todas as categorías (excepto no senior e infa masculino), chegan os clásicos torneos de final de tempada no C.B.Caselas:
– TORNEO VILA DE SALCEDA CADETE MASCULINO: Sábado 27 de Maio ás 16:00h
– TORNEO VILA DE SALCEDA JUNIOR FEMININO: Domingo 28 de Maio ás 10:00h
– TORNEO VILA DE SALCEDA INFANTIL FEMININO: Domingo 28 de Maio ás 16:00h
Nas seguintes semanas virán os torneos de minibasket e a Liga dos Insectos e Dinosaurios, para culminar a tempada co II CAMPUS DE VERÁN DO C.B.CASELAS. Aínda quédanos un mes para desfrutar do baloncesto antes das vacacións!
-
Faite soci@15,00€