FINAL FOUR PLAYOFF ASCENSO A LIGA GALEGA CADETE MASCULINO

Fin de semana histórica para o C.B.Caselas, co noso equipo Cadete Masculino Balidea competindo polo título de liga da delegación viguesa e buscando unha praza en Liga Galega!

Os catro mellores equipos da zona nesta tempada 2023-24 (C.B.Caselas, Seis do Nadal, Porriño Baloncesto Base e Salesianos) xogaron en Redondela un campionato espectacular no que se vivíu un auténtico ambientazo e cun nivel de baloncesto altísimo, digno dunha final four coma esta. Aquí tedes a crónica do sucedido:

blank

SEMIFINAIS

PBB B 40 – 69 C.B.CASELAS BALIDEA

SALESIANOS A 58 – 50 SEIS DO NADAL C

Na primeira semifinal o Salesianos Vigo A derrotou ao Seis do Nadal C, acadando o primeiro billete para a final do domingo.

Ás 12:00h tocáballe o turno aos nosos, nun partido que presentábase moi igualado perante os nosos veciños do Porriño Baloncesto Base. Todo un derbi comarcal ao máximo nivel. Case nada!

Os rapaces do Caselas saíron nerviosos, algo lóxico ante un torneo destas características. Nunha primeira parte moi disputada, a pesares das imprecisións inicias, o equipo acabou xogando un bo baloncesto e despois de dous primeiros periodos moi igualados, chegouse ao descanso cun marcador de 23 – 28 para o Caselas.

blank

O paso polos vestiarios sentoulles moi ben aos nosos, que saíron a por todas unha vez superados os medos da primeira parte. O Caselas impuxo por completo o seu ritmo e grazas a un traballo colectivo tremendo, dominaron o terceiro e cuarto periodo sen dar opción ao Porriño, cun parcial favorable de 41 – 17, empurrados pola nosa marabillosa afección volcada totalmente en animar aos rapaces.

Deste xeito brillante acadamos o pase á final do domingo. Tocaba celebrar un pouquiño e descansar para repoñer forzas de cara ao partido definitivo que decidiría o campionato.

blank

FINAL

SALESIANOS VIGO A 50 – 54 C.B.CASELAS BALIDEA

A mañá do domingo comezou con susto: o terceiro e cuarto posto foi suspendido debido ao mal estado da pista provocado pola humidade, e que supoñía un perigo para a integridade física dos xogadores, trasladándose a final ao Pavillón Municipal da Marisma de Redondela.

Aquí temos que facer un inciso para falar dun tema que non nos gusta pero que nos parece serio e preocupante: esta situación foi solucionada grazas ao esforzo do C.B.Redondela por atopar outra pista segura para poder xogar a final, que comezou 45 minutos máis tarde do horario previsto e sen que ningún representante da Federación Galega de Baloncesto nin da Delegación Viguesa avisara aos dous clubes finalistas.

Por desgraza, non houbo representación federativa en toda a fin de semana do torneo, algo que nos sorprende e nos decepciona, xa que pensamos que un evento destas características e que leva o nome da federación merece un pouco máis de respecto cara os catro equipos participantes así como o clube que albergou o torneo que traballaron duramente para levar a cabo esta actividade. Agardamos que a partires de agora a Federación implíquese máis e leve a cabo a labor que lle corresponde.

AS COMPETICIÓNS ZONAIS TAMÉN EXISTEN E MERECEN A CONSIDERACIÓN DA FEGABA!

Agora, voltemos ao importante: O BALONCESTO

blank

O partido da final cumpríu con creces as expectativas e ambos equipos o deron absolutamente todo, facendo as delicias do público e elevando ao máximo a emoción nas gradas!

O encontro foi moi igualado en todo momento e na primeira parte voltaron a aflorar os nervios ao igual que na semifinal. Os rapaces viviron unha grande aprendizaxe neste sentido durante todo o torneo: aprender a controlar as emocións nunha pista cun ambiente tremendo e xogando partidos dun nivel físico e táctico moi alto.

Ao descanso, o resultado era de 27 – 23 a favor dos vigueses.

A defensa zonal plantexada por Salesianos dende o minuto 5 do segundo periodo ata o final do partido, atascou o ataque do Caselas, que lle costaba encontrar ocos para anotar. Tocaba apretar liñas de pase en defensa para poder correr e recuperar o xogo alegre que nos caracteriza. E vaia se o fixemos!

blank

Os nosos agarráronse o partido a base de esforzo e xogo en equipo,e comezando tamén a acertar nas triplas. O Caselas chegou a estar 9 puntos abaixo no electrónico, pero todo o equipo estivo animándose constantemente na adversidade e poñendo todo para acadar a victoria final.

Nuns últimos minutos de infarto, o partido decantouse do lado de Salceda, co resultado final de 50 – 54 que nos da o título de liga cadete masculino da Delegación de Vigo e a posibilidade de loitar por un posto en Liga Galega por primeira vez na historia do noso pequeno gran clube!

blank
blank

Para finalizar, queremos felicitar a Salesianos Vigo, Seis do Nadal e Porriño Baloncesto Base polo seu nivel baloncestístico e o excelente comportamento dos rapaces destes clubes ao longo de todo o torneo.

Tamén agradecer ao Club Baloncesto Redondela pola organización do evento e ao concelleiro de deportes de Salceda Marcos por apoiar ao equipo no torneo.

GRAZAS GRAZAS e millóns de GRAZAS á famila do C.B.CASELAS pola súa gran prensenza e apoio durante toda a fin de semana: xogador@s de todas as categorías, familias, soci@s, directiva, afeccionad@s e adestrador@s que estiveron apoiando e animando coma nunca aos rapaces. Este éxito tamén é voso!

E por último, GRAZAS DE CORAZÓN a estes 13 rapaces e corpo técnico que deron absolutamente todo o que teñen dentro para dar esta gran alegría ao C.B.Caselas:

Teo, Xián, Aitor, Gabriel, Izan, Brais, Marcos, Hugo, Aarón, Antonio, Alex, Cibrán e Xabi. Tamén Julián e Mario que adestran todos os días con eles. Pase o que pase, xa sodes historia do Caselas. Estamos tremendamente orgullosos de todos vós, por cómo xogades, pero sobre todo pola vosa actitude e compromiso. Sodes un auténtico exemplo para os que veñen detrás.

E, permitídenos a licenza: SODES A **TIA!!!

Isto non remata aquí, e os cadetes xogaranse a clasificación para Liga Galega na final do Playoff de Ascenso perante o campión de Arousa, o Estudiantes de Pontevedra, nunha eliminatoria a dobre partido.

A ida xogarase no IES A Xunqueira 1 de Pontevedra este VENRES 19 de XANEIRO ás 18:00h e o partido de volta xogarase no Pavillón Municipal de Salceda o SÁBADO 20 ás 16:00h. Temos que convertir o noso pavillón nunha festa do baloncesto. Sorte rapaces e sobre todo a desfrutalo!!!

A fin de semana quedou eclipsada polo campionato cadete, pero tamén xogaron outros equipos do clube, con excelentes resultados:

Gran xornada para os nos nosos equipos senior feminino e masculino, que acadaron dúas claras victorias en sendos partidos na casa.

O senior feminino Natural Granite remata así unha primeira volta moi positiva e que nos deixa con ganas de máis para o segundo tramo da tempada, mentres que o senior masculino Hermanos Núñez comeza con bo pé esta segunda volta.

SENIOR FEMININO

blank

C.B. CASELAS NATURAL GRANITE 60 – 42 SAN JOSÉ – SAUCES BASKETGAL

Parciais: 19 – 8 / 8 – 13 / 17 – 9 / 16 – 12

Anotadoras: Alejandra 23; Tamara 23; Elena 6; Irene 4; Laura 2; Iria 2; Saray; Raquel; Cristina.

SENIOR MASCULINO

blank

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 54 – 39 C.B.REDONDELA

Parciais: 18 – 10 / 13 – 2 / 9 – 13 / 14 – 14

Anotadores: Alex 14; Xur 12; Eloy 9; Iván 6; Jorge 4; Aitor 3; Jose 2; Rober 2; Héctor 2; Manuel.

INFANTIL MASCULINO

blank

C.B. CONDADO 75 – 36 C.B. CASELAS NATURAL GRANITE

C.B. CONDADO 73 – 35 C.B. CASELAS NATURAL GRANITE

Bo inicio da segunda volta para o Infantil Masculino Natural Granite. Os de Luismi conseguiron anotar 22 puntos máis que no partido anterior contra o equipo de Condado.

Nesta tempada de adaptación á nova categoría en canastra grande, este equipo formado por rapaces de primeiro ano, aínda que evidentemente hai moitos aspectos que traballar, vai facendo progresos. Con regularidade nos adestramentos de seguro que continuarán a medrar individualmente e como equipo.

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 64 – 41 BASKETGAL SAUCES SAN JOSÉ OBRADOIRO

O infantil masculino Hermanos Núñez remata a primeira fase da liga con moi boas sensacións. Competindo nun grupo moi duro, están a mellorar cada día.

Noraboa e a continuar medrando!

blank