Xa sabedes que no C.B.Caselas aproveitamos as vacacións de nadal para organizar moitas actividades. Aquí van algunhas delas:

COPA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS

blank

Como cada tempada, o derradeiro día de adestramento antes das vacacións xogamos un dos torneos favoritos para a nosa canteira, A COPA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS, previa da LIGA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS que celebraremos a final deste curso!

Como novidade nesta tempada 23-24, os equipos senior feminino e masculino tamén tiveron o seu propio torneo, polo que ademáis de participar como adestrador@s durante a xornada das categorías inferiores, tamén viviron por primeira vez o que se sinte sendo un dinosaurio 🙂

blank

Un ano máis este torneo involucra a tod@s e cada un d@s xogador@s de todas as categorías do clube, nunha xornada de convivencia entre maiores e pequen@s. Esta xa clásica actividade forma parte fundamental da nosa idea de clube.

@s xogador@s de infantil e cadete, tamén exerceron de adestrador@s na tanda dos insectos. Aquí hai canteira de técnic@s tamén!

blank

Graciñas a tod@s pola vosa disposición e o ambiente vivido o pasado xoves 21 de decembro no pavillón. Somos unha familia moi especial!

Incluso estivo presente un elfo de Papá Noel!

TORNEO VICUS SENIOR MASCULINO

blank

O noso senior masculino tivo que madrugar o pasado sábado 23 de decembro para participar no XXVI MEMORIAL FERNANDO VÁZQUEZ celebrado no pavillón das travesas.

blank

Moitas grazas ao VICUS C.B. por invitarnos un ano máis a este clásico torneo da cidade olívica e noraboa pola organización do evento!

XORNADAS DE TECNIFICACIÓN CAMPUS C.B.CASELAS

blank

O Nadal é un momento perfecto para mellorar aspectos técnico-tácticos nestes adestramentos individualizados!

Vén a adestrar con nós nas vacacións nesta actividade asociada ao noso III CAMPUS DE VERÁN que celebraremos a finais de xuño!

blank

@s rapaz@s adestraron xenial e aproveitaron ao máximo estas dúas xornadas de adestramento!

TORNEO II MEMORIAL MANOLO SANFER

blank

Os nosos equipos cadete feminino e masculino xogaron un partido perante o C.B.Tui e tamén un torneo de tiro.

blank

Os obxectivos desta xornada foron: ir recuperando algo de ritmo competitivo durante as vacacións, desfrutar do baloncesto convivindo con outros clubes e, por suposto, homenaxear un ano máis ao noso querido Manolo Sanfer, unha figura imprescindible á hora de entender o que é hoxe en día o C.B.Caselas.

blank

Graciñas ao C.B.Tui por compartir esta mañán con nós!

CINE EN EQUIPO E MERENDA DE NADAL

blank

Clásica xornada de cine no C.B.Caselas no auditorio Municipal do Concello e a continuación merenda navideña no pavillón!

HORARIOS:

CINE: 17:00h (Auditorio do Concello)

MERENDA: 19:00h (Pavillón Municipal)

GAÑADOR@S SORTEO RIFAS

blank

Aquí tedes os documentos gráficos d@s afortunad@s gañador@s do noso sorteo das rifas! Noraboa aos premiad@s!

Graciñas a xogador@s e familias polo esforzo para axudarnos a vender boletos!

Moitas grazas a SANFER EURONICS polo 1º premio, a EIDO DA REGUEIRA polo 2º e a Supermercados Froiz polo 3º.

VOLTA AOS ADESTRAMENTOS

Os adestramentos nos horarios e días habituais regresarán coa volta ao cole, o LUNS 8 de XANEIRO…

…preséntase un 2º trimestre apaixoante repleto de baloncesto e moitas emocións!

BO NADAL A TOD@S!!!

blank