O próximo venres 18 o C.B. Caselas estará pasandolle a bola a Galloso no Luar da TVG.

A Banda dos Insectos, capitaneada por Adrián, 14 dos nosos xogadores máis bailóns e una nutrida representación de Directiva, Nais e Pais acudirán o programa no que actuará a Banda cos nosos pequenos coma compañía de baile.

Teremos a oportunidade de falar sobre a da Banda dos Insectos, sobre o noso proxecto de Club e a nosa escola base.

Os bechos actuarán entre as 22:00 e as 22:45, non volo podedes perder.

Aquí vos queda o noso videoclilp para que vaiades practicando.