blank

O pasado venres na I Gala do Deporte de Salceda o Club Baloncesto Caselas recibio unha mención especial polo traballo dedicado o baloncesto na vila dende a súa fundación no ano 1.990.

Agradecemos o Concello de Salceda a iniciativa de recoñecer o valor do deporte, na vida, na formación dos nosos rapaces e na sociedade. A cultura do esforzo, individual e grupal. Os bos valores que nos regala o deporte. E por supuesto agradecemos a mención recibida.

Coma directiva recollemos a mención en nome de cada un dos integrantes do club. Recollemola nos, mais esta mención non é nosa. A mención ESPECIAL é para cada nena e cada neno que se esforza e disfruta nos adestramentos. Para cada nai e pai que confían en nos, que educan en valores e madrugan os fins de semana para ir os partidos. Para os nosos adestradores, para todos os que animan dende a grada nos partidos.

blank

Gracias a tod@s.