INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 66 – 59 SEIS DO NADAL B

C.B.CONDADO 22 – 50 C.B.CASELAS NATURAL GRANITE

Boa fin de semana para ambos os dous equipos da categoría infantil masculina. Mención especial para o C.B.Caselas Natural Granite que acadou a súa primeira victoria da tempada. Aínda que gañar ou perder non é o máis importante, esta merecida victoria debe supoñer unha alegría e un estímulo para que o equipo continúe a traballar e mellorar en cada adestramento. Noraboa rapaces!

SENIOR FEMININO

blank

A.B.XINZO 45 – 81 C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 9 – 22 / 18 – 16 / 8 – 25 / 10 – 18

Anotadoras: Alejandra 32; Laura 10; Elena 10; Tamara 10; Cris 9; Irene 8; Lucía 2; Susi.

Segunda victoria consecutiva para o noso senior feminino, que xogou un gran partido na súa visita a Xinzo de Limia. O equipo contaba con catro baixas e aínda así mostrou un gran nivel e compromiso. As oito xogadoras convocadas realizaron un encontro moi serio evidenciando a mellora contínua do grupo.

O Caselas viaxou en autobús acompañado por varios familiares e afeccionad@s (incluídas dúas xogadoras do cadete feminino, que nos próximos anos de seguro que formarán parte do senior!!!)

blank

O próximo domingo ás 12:00h recibiremos a visita do equipo do Meco, do Grove. A por todas!

SENIOR MASCULINO

blank

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 79 – 46 C.B.RODABALLO

Parciais: 24 – 7 / 16 – 22 / 15 – 12 / 24 – 5

Anotadores: Kentre Williams 25; Eloy 15; Darrell Paxton II 8; Héctor 6; Manuel 6; Alex 6; Iván 5; Xur 4; Jose 2; Jorge 2; Rober.

Partido irregular do noso senior masculino: no primeiro e derradeiro periodo mostrou unha boa imaxe, mentras que no segundo e terceiro baixou moito a súa intensidade e concentración.

Este partido, ao igual que o anterior perante Seis do Nadal debe servir para darnos de conta que os partidos duran 40 minutos, e que se queremos competir ao máximo das nosas posibilidades o compromiso defensivo ten que ser moito maior ante todos os equipos rivais.

Aínda así, non todo foi negativo, xa que houbo bos momentos que permitiron acadar unha nova victoria que signfica ademáis a terceira consecutiva nesta fase. Noraboa e a continuar traballando!

CADETE MASCULINO

blank

SEIS DO NADAL CELSO EMILIO 37 – 49 C.B.CASELAS BALIDEA

CADETE FEMININO

blank

C.B.CASELAS 56 – 68 DEFENSORAS DO MORRAZO

MINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 39 – 31 C.B.REDONDELA

blank

A fin de semana que ven xogarán todos os equipos, incluído o Baby, na derradeira xornada de competición oficial antes de Semana Santa!

Nos próximos días sacaremos a INFO para a viaxe ao partidazo do OBRADOIRO ACB perante o BARÇA dun tal Ricky Rubio. Permanecede atent@s!