CADETE FEMININO

C.B.CASELAS 68 – 44 PBB B

Bo inicio da segunda fase da competición para as rapazas do cadete, que impuxéronse ao PBB no derbi comarcal xogado no pavillón de Salceda o pasado domingo.

As de Adrián saíron moi fortes dende o inicio e marcaron un ritmo alto de xogo durante todo un encontro, no que as doce xogadoras aportaron para levar unha merecida victoria.

Próxima parada: Defensoras do Morrazo.

SENIOR FEMININO

blank

GIRALDO CBV VILAGARCÍA 60 – 58 C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 18 – 12 / 7 – 23 / 24 – 5 / 11 – 18

Anotadoras: Tamara 15; Alejandra 13; Elena 13; Cristina 8; Iria 3; Laura 2; Lucía 2; Saray 2; Raquel.

Cruel derrota do senior feminino, nun partido plagado de alternancias no marcador. As de Joseba, tras un primeiro periodo dubitativo, mostraron o seu mellor nivel no segundo cuarto cun parcial favorable de 7 a 23, índose ao descanso cunha diferenza de + 10.

Na mesma tónica da primeira metade, tras o paso polos vestiarios houbo un periodo para cada equipo. Un mal terceiro cuarto do Caselas propiciou que as locais retomaran o mando no electrónico. Pero as nosas sempre loitan ata o final e tiveron opcións de gañar o partido nos derradeiros instantes. Ao final a victoria quedou en Vilagarcía.

Tras a derrota con canastra sobre a bucina na primeira volta contra este equipo, de novo perdemos contra elas nos derradeiros instantes. Son derrotas que doen moito no momento, pero que demostran o gran nivel que está mantendo o noso equipo senior feminino nesta primeira tempada da historia do clube na categoría. Estamos a competir ao máximo perante todos os equipos da zona alta da clasificación. Hai que seguir así e traballando para mellorar!

SENIOR MASCULINO

blank

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 59 – 64 C.B.PUERTO DE VIGO

Parciais: 13 – 14 / 19 – 15 / 9 – 18 / 18 – 17

Anotadores: Williams 18; Alex 13; Xur 12; Héctor 4; Paxton II 4; Jorge 3; Manuel 2; Eloy 2; Rober 1; Iván; Jose.

Partido moi especial para o noso senior masculino, no que debutaron os primeiros xogadores estadounidenses na historia do C.B.Caselas.

Kentre Williams, procedente de Texas e Darrell Hazall Paxton II, natural de California, chegan a Salceda para axudar ao noso senior masculino na derradeira fase da competición.

Ambos os dous entraron con moi boa actitude nestas primeiras semanas con nós e xa son uns máis dentro do grupo. Agardamos que a súa experiencia aquí sexa moi positiva tanto para eles coma para o clube. Benvidos e ENJOY THE CASELAS EXPERIENCE 🙂

En canto ao partido, o Caselas estivo a gran nivel durante todo o choque fronte a un dos rivais máis fortes da competición. Os de Martín competiron ata o final do partido e tiveron opcións reais de victoria, pero finalmente o choque decantouse a favor dos visitantes.

Agora toca pensar no seguinte partido perante os nosos veciños de Ponteareas o próximo sábado ás 20:00h no municipal de Salceda.

INFANTIL MASCULINO

blank

NOVOBASKET B 65 – 20 C.B.CASELAS NATURAL GRANITE

Os de Luismi xogaron unha boa primeira metade na que competiron ben, pero na segunda non foron capaces de aguantar o ritmo do rival.

A seguir traballando!

MINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 33 – 26 APÓSTOL BLANCO

Partido moi igualado nesta primeira xornada do grupo 3 para o noso mini masculino. Os de Xan o deron todo e acabaron levando a victoria.

Noraboa a continuar mellorando!

MINI FEMININO

blank

C.B.CASELAS 19 – 30 SALESIANOS VIGO B

As rapazas do mini continúan nunha boa liña competindo ben todos os partidos. Nesta ocasión xogaron un novo encontro igualado que decantouse no derradeiro periodo a favor do equipo visitante. Estamos moi contentos coa progresión do equipo. A continuar así!

PREMINI MIXTO

blank

C.B.CASELAS 32 – 26 CBR 2015

Segunda victoria consecutiva para o noso premini mixto. Os de Manolo continúan a mellorar e divertirse sobre a pista!

blank

VIAXE A OURENSE:

Esta fin de semana chega unha das actividades habituais para a familia do C.B.Caselas: a tradicional visita para ver o partido de Liga LEB ORO dos nosos amigos do COB Ourense!

Nesta ocasión, xogarán perante o MENORCA BALONCESTO.

Será o sábado 3 de febreiro ás 19:00h no Palacio dos Deportes Paco Paz de Ourense. A expedición do Caselas sairá do pavillón de Salceda ás 17:00h da tarde!