JUNIOR FEMININO

C.B. CONDADO 52 – 55 C.B. CASELAS MOTHERSON

As rapazas do junior acadaron a súa cuarta victoria consecutiva, rematando en gran momento a liga 2025-26.

Durante este curso mostraron un gran compromiso e esforzo, competindo ben en case todos os encontros e froito deste traballo colectivo chegou esta xeira tan positiva e merecida de resultados.

Agora, a pola copa !!!

JUNIOR MASCULINO

C.B. NIGRÁN 49 – 30 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS

Bo esforzo dos nosos junior, que na visita a Nigrán fixeron un bo partido pero o desacerto nas finalizacións e o tiro exterior non permitíu que o equipo loitara polo triunfo.

Bo traballo rapaces !!!

MINI FEMININO

C.B. CONDADO 36 – 42 C.B. CASELAS A XANELA

Partido moi igualado o xogado polas nosas minis na súa visita a Ponteareas, levándose o triunfo nun apretado final grazas á aportación de todas as rapazas. Noraboa !!!

MINI MASCULINO

C.B. REDEIRAS 24 – 54 C.B. CASELAS NOREXCA

Gran victoria a domicilio dos nosos minis que xogaban por primeira vez neste curso contra o C.B. Redeiras de Moaña. Noraboa !!!

CONTA ATRÁS PARA O V CAMPUS DE VERÁN DO C.B. CASELAS !!!

Quedan 49 días para o noso gran evento veraniego que cumpre xa 5 edicións, e neste aniversario estamos a traballar para ofrecervos o mellor campus da nosa historia !!!

Esta semana tivemos o día de grabación do xa clásico video promocional do campus, protagonizado coma sempre por xogadores e xogadoras do clube e este ano contamos tamén cunha colaboración especial.

Permanecede atent@s que nestes próximos días anunciaremos invitados de excepción para este V edición !!!

Podedes cosultar toda a información do Campus na nosa pásina web:

O C.B. CASELAS NA CARREIRA CORRE X SALCEDA !!!

O pasado domingo o clube participou un ano máis aportando varios voluntari@s na multitudinaria carreira CORRE X SALCEDA !!!

Dende o concello apoiase moito o noso proxecto deportivo e social e sempre que poidamos,¡ colaboraremos neste tipo de eventos.

Achégase a recta final do curso pero todavía queda moita tela que cortar: competicións copeiras, concentració baby, torneos, Liga dos Insectos e Dinosaurios e moitos adestramentos !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!