Hola a tod@s. Xa casi pasa un mes desde o sorteo de Nadal do 22 de decembro e de momento só demos coa ganadora do primeiro premio do noso sorteo.

A continuación recordamos os número ganadores para que revieses as vosas papeletas cando teñades un ratiño. Recordade que aínda quedan sen gañador unha fatástica cesta de Nadal doada por Tapereía A’Esfarrapada e un altavoz intelixente.

Estes son os números premiados:

1º Premio: 6148

2º Premio: 2119

3º Premio: 9517

Se pasado o día 22 do presente mes non aparecesen os gañador@s, sortearemos os premios non reclamados entre os nos@s soci@s.

Tamén faremos os sorteos de soci@ que temos atrasados e o fin de semana do 29 de xaneiro, faremos entrega de tódolos premios durante o partido senior.

Moita saúde e sentiño para tod@s.