INFANTIL MASCULINO

SALESIANOS A 57 – 71 C.B.CASELAS

Partidazo o xogado este pasado sábado polos nosos infas perante o Salesianos A, na volta da eliminatoria polo 3º posto de liga.

Os de Julián chegaban cunha desvantaxe de cinco puntos (55 – 60 no partido de ida), pero coa moral intacta e convencidos de facer un bo encontro.

Os rapaces fixeron un gran esforzo colectivo e puxeron toda a ilusión e entusiasmo necesarios para darlle a volta á eliminatoria, levándose o partido por unha diferenza de 14 puntos e acadando así un merecidísimo terceiro posto na Liga Infantil Masculina 2022-23.

blank

Noraboa a tod@s!!!…Agora, a pola copa!!!

JUNIOR FEMININO

blank

C.B.CASELAS 54 – 34 CELTA ZORKA RECALVI

O junior do C.B.Caselas fixo desfrutar ao público que acudíu o sábado á mañán ao pavillón municipal de Salceda onde se vivíu un ambientazo de baloncesto. As nosas están a rematar a tempada nun gran estado de forma, competindo coma nunca na historia do clube en categoría junior feminina.

Tras a decepción pola maneira en que perdimos o partido anterior perante o Seis do Nadal tocaba recibir a outro duro rival, o Celta Baloncesto, contra o que xa xogaramos dous partidos de infarto durante a competición ligueira, cunha victoria para cada equipo.

As de Adrián saíron a por todas dende o salto inicial e despregaron unha gran enerxía defensiva e intelixencia en ataque, rematando o primeiro periodo cun resultado de 14 – 7 para o Caselas; no segundo e o terceiro cuarto os parciais foron moi igualados, deixando un marcador de 39 – 34 para as nosas e todo por decidir.

No derradeiro periodo o Caselas foi un auténtico vendaval, acadando un parcial de 15 – 0 a favor e certificando a victoria máis abultada da tempada.

A nosa xogadora Laura Louzán sufríu un forte golpe e tivo que marchar ao hospital. Foi un momento de tensión que afortunadamente quedou so nun susto. Desexamos a súa pronta recuperación. En nada xa estás para outra!

Este triunfo totalmente merecido é froito do gran traballo e constancia deste grupo durante toda a tempada, poñendo así un gran broche neste derradeiro partido na casa, xogando un encontro completo e despregando un xogo moi vistoso coa contribución importante de todas e cada unha das xogadoras.

Agora toca ir a por todas na última xornada de copa buscando o pase á gran final. Sorte e pase o que pase, sodes grandes !!!

PREMINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 53 – 28 SEIS DO NADAL MIX

Os nosos premini fixeron un gran partido o sábado pola mañá, resultando ser uns grandes teloneiros para o partido das junior que viña a continuación.

O pasaron xenial e fixeron desfrutar ás familias co seu entusiasmo e paixón polo xogo. Sodes tremendos !!!

Esta xornada tocou gañar. Estamos moi orgullos do traballo de xogador@s e corpo técnico e resultados coma estes axudan a continuar adiante con ilusión e confianza no noso proxecto formativo de clube.

Desfrutemos deste mes e medio que nos queda nesta gran tempada 2022-23 !!!