Os seis equipos do C.B.Caselas que xogaban esta fin de semana fixeron grandes partidos e competiron ao máximo. Mención especial para o noso Mini Masculino que coa victoria 64 a 48 contra o C.B.Baiona, clasifícase para o GRUPO 1 da competición. Aquí tedes un pequeno resumo:

CATEGORÍAS BASE

JUNIOR FEMININO

blank

C.B.CASELAS 55 – 53 COMPAÑÍA DE MARÍA

Gran broche final de liga por parte do Junior Feminino gañando a CÍA de María nun partidazo que tivo de todo.

As nosas xogaron unha gran primeira parte, pero non se despegaron no marcador.

Durante o terceiro periodo tivemos un bache de xogo e confianza, pero estas rapazas levan demostrando toda a tempada que teñen unha moral de ferro.

Conseguimos tranqulizarnos e retomar o partido, deixando o mellor para o final: nun intenso derradeiro cuarto, con alternancias constates no marcador e coa grada desfrutando, o Caselas acadou unha axustada victoria. Co marcador en 52 – 53 a favor das viguesas, unha tripla de Alejandra nos derradeiros instantes do choque rubricaba o gran traballo de todo o equipo, poñendo o 55 – 53 definitivo.

Gran tramo final de liga do noso Junior Feminino, na tónica de toda a tempada. Tras xogar un bo partido na pista do C.B.Baiona (campión da competición) e gañar na pista de Salesianos A (terceiro clasificado), acadan esta gran victoria perante un equipo que superounos na primeira volta por 50 – 49.

Estamos moi orgulloso do traballo deste equipo esta tempada. Rematan a liga coa sensación de ter competido moi ben prácticamente en todos os partidos, nunha competción moi dura e complexa como é a do junior feminino. Noraboa a todas as rapazas! Agora a desfrutar na copa!

CADETE MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 80 – 30 C.B.NIGRÁN

Gran partido dos nosos perante o C.B.Nigrán, nun encontro no que o Caselas impuxo o seu ritmo dende o principio.

Bo traballo do cadete masculino, que continúa co seu bo momento de xogo nestas primeiras xornadas de copa. Grandes!

MINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 64 – 48 C.B.BAIONA

Como comentabamos na introducción, con esta victoria o Mini Masculino clasifícase para o GRUPO 1 da competición, despois dunha gran fase no competitivo Grupo 2.

Felicitar ao C.B.Baiona polo seu traballo. Foi un partido precioso e cunha deportividade entre xogadores e familias espectacular.

Noraboa a todos e cada un dos rapaces do Caselas, estamos encantados con eles e merecen este logro. Obxectivo nesta nova fase: aprender e desfrutar!

PREMINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 29 – 37 COLEXIO MARIANO

Gran partido dos nosos premini, que competiron ben e continúan a mellorar e divertirse esta tempada!

CONCENTRACIÓN BABY

blank

Qué ben o pasamos co BABY do pasado sábado!

Oito clubes da Delegación Viguesa de Baloncesto participaron nunha nova CONCENTRACIÓN BABY organizada polo C.B.Caselas.

É un auténtico deleite ver desfrutar a tod@s @s rapaz@s, familias e adestrador@s dun baloncesto no que o obxectivo real é xogar, divertirse e convivir con outros equipos, lonxe da tiranía do marcador que chegará nas próximas categorías!

Graciñas aos xogador@s do infa e do mini que axudaron ao corpo técnico e á directiva a organizar o evento e por dar tan bo exemplo aos nos@s pequech@s. Sodes grandes!

blank

SENIOR MASCULINO

blank

ILLAS CÍES 60 – 57 C.B.CASELAS

Parciais: 12 – 9 / 14 – 21 / 8 – 13 / 26 – 14

Anotadores: Xur 14; Pedro 12; Aitor 11; Alex 6; Jose 3; Eloy 3; Pablo 2; Fredi 2; Jorge 2; Iván 2; Rober; Héctor.

Bo partido do Caselas que competíu ben durante todo o partido, pero que no derradeiro periodo encaixou un duro parcial en contra que decidíu o marcador a favor do equipo local. Aínda así, os de Martín loitaron ata o final e incluso tiveron dous tiros abertos para mandar o choque ao tempo extra. O balón non entrou, pero o equipo marchou de Balaídos con boas sensacións.

A continuar adestrando para preparar o derradeiro partido de copa perante a nosa besta negra esta tempada en categoría senior: o C.B.Condado.

VIAXE A SANTIAGO

Chegaba un dos momentos máis agardados de cada tempada, como é a viaxe a Santiago para ver ao Obradoiro, e nesta ocasión tocaba o derbi galego ACB perante o Breogán de Lugo. Case nada.

Un bus repleteo de xogador@s, familias, corpo técnico, directiva e soci@s do clube partían cara Compostela dispostos a desfrutar do ambientazo que se vivíu na caldeira do Sar!

blank

Como xa ven sendo habitual 12 xogador@s das categorías de canastra grande do Caselas asistiron ao partido a pé de pista e xogaron partidillos e concursos nos tempos mortos e descanso do partido. Qué gran experiencia, coma sempre!

Moitas grazas a toda a organización do CAB OBRADOIRO por tratarnos tan ben e facernos sentir como en casa. Agradecer tamén a todas as familias e soci@s que se apuntaron a actividade e ao concelleiro de deportes de Salceda Rubén Coto por acompañarnos!

A tempada que vén voltaremos sen dúbida.

A próxima fin de semana non haberá competición oficial (salvo o Infantil Feminino que xogará un aprazado en Miralba) e participaremos coas categorías de minibasket no TORNEIO INTERNACIONAL de VALENÇA DO MINHO.

A desfrutar!!!