Esta pasada fin de semana estivo repleta de partidos para o C.B.Caselas, con especial protagonismo para o BABY coa celebración da primeira concentración da tempada en Salceda, e para o Cadete Masculino que firmou unha brillante clasificación para as semifinais de liga.

CONCENTRACIÓN BABY

blank

O domingo 17 de decembro vivimos unha espectacular mañá de baloncesto baby, organizando a primeira xuntanza do curso!

Sete clubes divididos en nove equipos desfrutaron dos primeiros pasos no baloncesto dest@s rapaz@s: C.B.Caselas; C.B.Redondela; Celta Bloncesto Feminino; Salesianos Vigo; Seis do Nadal; Miralba e PBB Baloncesto Base.

blank

Xogador@s, adestrador@s e familias pasaron dúas horas xeniais cargadas de diversión. Xa estamos desexando que chegue a seguinte!

CADETE MASCULINO

blank

SALESIANOS VIGO B 34 – 77 C.B.CASELAS

O noso cadete masculino rematou a primeira fase da liga invicto e como primeiro de grupo, acadando o pase ás semifinais de liga!

Os rapaces do Caselas xogarán o torneo ao máis puro estilo americano de FINAL FOUR á volta das vacacións de nadal!

Noraboa a todos por este merecidísimo logro. A desfrutar da experiencia!!!

CADETE FEMININO

blank

C.B.CASELAS 53 – 38 MIRALBA NARANJA

O cadete feminino rematou a primeira fase do campeonato cun gran partido na casa, no que todas as xogadoras aportaron o seu gran de area para levarse un merecido triunfo!

INFANTIL MASCULINO

blank

SALESIANOS VIGO A 47 – 43 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

NS ESPERANZA NEGRO 70 – 19 C.B.CASELAS NAT. GRANITE

MINI MASCULINO

blank

C.B.REDONDELA 66 – 27 C.B.CASELAS

MINI FEMININO

blank

C.B.CASELAS 16 – 47 CELTA MARINO

PREMINI MIXTO

blank

C.B.CASELAS 45 – 17 NS ESPERANZA

SENIOR FEMININO

blank

APÓSTOL 67 – 56 C.B.CASELAS NAT. GRANITE

Parciais: 14 – 13 / 16 – 11 / 24 – 10 / 13 – 22

Anotadoras: Alejandra 21; Tamara 8; Elena 7; Cristina 5; Laura 4; Irene 4; Raquel 3; Saray 2; Lucía 1; Susana 1; Iria.

As de Joseba competiron ben ante un equipo da zona alta da clasificación, pero un mal terceiro periodo privoulles de loitar polo triunfo.

SENIOR MASCULINO

blank

O senior masculino non xogou esta fin de semana. Decidimos aprazar o partido da xornada debido ao pasamento de Manolo, o pai do noso querido xogador Pablo Cabaleiro (DEP).

Os xogadores de Martín participarán no TORNEO DE NADAL DO VICUS C.B. o próximo sábado 23 de decembro.

Moitas grazas ao equipo vigués por invitarnos unha vez máis a este xa clásico evento do baloncesto da cidade olívica, que suporá a súa XXVI edición.

COPA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS

blank

Este próximo XOVES 21 de DECEMBRO celebraremos no pavillón municipal de Salceda de Caselas unha nova edición da COPA DOS INSECTOS e DINOSAURIOS.

Unha xornada moi especial para o C.B.Caselas na que TODAS AS CATEGORÍAS do clube conviven e fan piña entre pequen@s e maiores, e que servirá como antesala da LIGA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS que se celebrará en Maio e Xuño do 2024!

Este ano, como gran novidade, ampliamos o torneo para SENIOR MASCULINO e FEMININO por primera vez na historia do torneo!

HORARIOS:

16:30h a 18:30h BABY – PREMINI – MINI

18:30h a 21:00h INFANTIL – CADETE

21:00h a 22:30h SENIOR

Durante as vacacións de nadal o C.B.Caselas non para. Consulta a nosa sección de eventos na web do clube, que iremos actualizando durante toda a tempada:

blank