Xornada marcada polo vento e a choiva, o que obrigou á Federación Galega de Baloncesto a aprazar todos os encontros programados para o domingo 26 de xaneiro.

Ata seis categorías do clube víronse afectadas por este feito. Xa estamos a traballar para reprogramar o calendario o antes posible.

O sábado disputáronse seis partidos, cos seguintes resultados:

SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 51 – 67 GIRALDO C.B. VILAGARCÍA

Parciais: 21 – 16 / 10 – 28 /7 – 12 / 13 – 11

Anotadoras: Alejandra 18; Cristina 16; Tamara 6; Iria 5; Raquel 2; Elena V. 2; Joana 2.

As nosas senior comezaron a segunda volta da liga recibindo ao líder da competición o C.B. Vilagarcía.

A pesares das baixas (o Caselas soamente puido contar con sete xogadoras) as de Joseba o intentaron ante un duro rival.

Un gran primeiro cuarto e unha segunda metade moi competida non puideron superar o +18 a favor das visitantes no segundo periodo.

Noraboa polo esforzo rapazas. Agora, a por todas no seguinte en Pontecesures!

CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS BALIDEA 60 – 44 NOVOBASKET B

O Cadete Masculino Balidea acada a segunda victoria consecutiva nas dúas primeiras xornadas desta dura e competida segunda fase do campeonato ante o equipo vigués do Novobasket B.

Noraboa e a continuar traballando e aprendendo nesta liga.

C.B. CONDADO 54 – 52 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS

O Cadete Masculino Construcciones Maceiras estivo a piques de conseguir tamén a segunda victoria consecutiva, pero esta vez escapóuselles nos derradeiros instantes do encontro.

Unha derrota tan axustada doe no momento, pero o importante é que nos últimos tres partidos o equipo está competindo a tope nesta segunda fase.

Ben xogado rapaces! Noraboa ao equipo do C.B. Condado pola victoria.

CADETE FEMININO

CBR REDONDELA 58 – 53 C.B. CASELAS NOREXCA

As rapazas do Cadete Feminino Norexca xogaron partido moi reñido e intenso na pista do IES Mendiño de Redondela na súa visita ao CBR.

O Caselas estivo no partido en todo momento, pero o pouco acerto nos tiros libres e o bo facer do equipo local decantou a victoria para o Redondela.

Igualmente, estamos moi orgullos@s deste grupo de xogadoras que compiten sempre a tope. A falta de un minuto e con 8 puntos abaixo no marcador, as nosas fixeron un parcial de 5 – 0 e recuperaron o balón, dispoñendo dunha tripla para levar o partido á prorroga, demostrando que sempre o intentan ata o final.

Grandes e a polo seguinte partido!

INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 65 – 54 CBR REDONDELA

Bo debut na segunda fase para o infa masculino Hermanos Núñez, nun bonito partido no que leváronse a victoria ante un bo equipo como foi o CBR Redondela.

Todos os rapaces aportaron o seu gran de area para acadar este triunfo. Gran traballo!

PREMINI MIXTO

C.B. TUI 60 – 12 C.B. CASELAS

Nova xornada de premini na que @s rapaz@s do Caselas continúan aprendendo e divertíndose!

DULCE SORTEO GOMI ARAGONTA

O afortunado gañador da TARTA DE GOMINOLAS cortesía de GOMI ARAGONTA, premio entregado polo noso xogador do Mini Masculino Jorge.

A próxima fin de semana máis SORTEOS DULCES nos partidos de casa!!!

SEMPRE É UN BO MOMENTO PARA XOGAR UN BASEBALL NO C.B. CASELAS !!!

Dende que se nos ocorreu a feliz idea de mercar un bate de baseball para o I CAMPUS DE VERÁN DO C.B. CASELAS existe un furor extremo por este deporte no clube!

Cada vez que se presenta unha pequena ocasión, @s xogador@s do Caselas convencen aos seus respectivos adestradores e xogan unha partidiña 🙂

O pasado luns, antes do seu entreno, o senior feminino botou uns bateos contra os rapaces do cadete e o junior masculino…e de seguro que non serán os últimos!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?