Como cada tempada, chega un dos eventos máis agardados por toda a familia do clube: a tradicional festa de presentación dos equipos do C.B.Caselas!

Neste evento presentaremos a tod@s @s xogador@s, adestrador@s, directivos, colaboradores e patrocinadores deste curso 2023-24; tamén faremos as fotos oficiais para esta tempada, que formarán parte dos calendarios do clube que entregaremos durante o nadal!

Video Presentación C.B.Caselas 23-24

A continuación, ás 18:00h, o senior feminino xogará o seu partido de liga contra o C.B.Xinzo. O turno do senior masculino será ás 20:00h perante o Rías Baixas.

Agardámosvos a tod@s para pasar unha tarde cargadiña de baloncesto e moitas sorpresas, e tamén para quedar a animar nos partidos de ambos senior!

Vémonos ás 16:30h no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas!

blank