Intensa fin de semana de baloncesto a que se presentaba para o C.B.Caselas, con moitos partidos tanto en casa como fora e coa recuperación da tradicional entrega dos calendarios oficiais para @s 120 xogador@s do noso clube. Ademáis, repartimos os distintos premios do sorteo de nadal no descanso do senior!

SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS 48 – 57 PUERTO DE VIGO

Parciais: 15-20; 8-23; 8-7; 17-7;

Anotadores:

Miguel 3; Iván 6; José 3; Quique; Rober 2; Pedro 9; Pino 7; Pablo Cab 10; Héctor 7; Pablo Gzlez 1

O do pasado domingo 30 de xaneiro foi un partido moi irregular por parte do noso senior, cunha primeira parte con dous cuartos de moito contraste no rendemento dos de Martín, que comezaron ben, pero que un segundo cuarto moi pobre provocou que o Caselas fora a remolque durante todo o segundo tempo.

Á volta do descanso, os nosos melloraron, sobre todo no derradeiro cuarto (17-7 a favor), cambiando a cara e loitando ata o final do encontro.

No descanso do mesmo, repartimos os calendarios oficiais do C.B.Caselas 21-22 a tod@s @s xogador@s da canteira que acudiron ao pavillón (máis de 40 rapaz@s!!! Grazas a tod@s polo voso compromiso!!!) e repartimos os premios do sorteo de nadal.

blank

Graciñas a todas as familias e rapaz@s por facer o esforzo de vender as rifas. Para o clube supón unha axuda fundamental e sen vós non sería posible.

Noraboa @s afortunad@s!

blank

Audio libro de A Banda dos Insectos (Gunidastre Edicións), proxecto baloncestístico-educativo-musical do noso coordinador deportivo Adrián Salgado

blank

Tarta de chuches (Gomi Aragonta)

blank

Altavoz Intelixente con Alexa (Echo Dot)

blank

Lote de Nadal (A ‘ Esfarrapada)

blank

Televisión JVC 58 ” (Sanfer Euronics Salceda)

Queda por recoller a MOCHILA DO C.B.CASELAS! O gañador ou gañadora, que se poña en contacto co clube!!!

PARTIDOS DA BASE:

Junior Feminino

Salesianos 58 – 34 Caselas

Mini Masculino

Salesianos 42 – 54 Caselas

Infantil Masculino (DOBLE XORNADA)

Novobasket 17 – 50 Caselas ///

Caselas 38 – 23 Novobasket

blankblank

blankblank

2 partidos moi bonitos e cun ritmo tremendo os xogados polo infantil masculino perante Novobasket!

blankblank

Premini feminino e masculino xogando simultáneamente no municipal!

A fin de semana máis…ARRIBA CASELAS!!!