Achegámonos o final deste atípica e complexa tempada.

Unha tempada na que tivemos que tomar a dificil decisión de non xogar partidos oficiais e incluso deixar de adestrar en varias ocasións. Tivemos que prohibirvos a entrada o pavillón, cancelar as nosas habituais saídas para ver o C.B. Ourense, o Obradoiro e prescindir da presentación da tempada.

blank

Tempos difíciles para tod@s que nos fixeron apreciar máis as cousas importantes.

Queremos agradecervos, a vos e os vosos nen@s, o voso apoio a vosa paciencia e a vosa colaboración cumprindo todas as medidas que se tiveron que implementar. É increible ter pasado este ano sen baixas de xogador@s e vernos desbordados estes últimos días polos nen@s que acudiron as xornadas de portas abertas.

Grazas a tod@s.

Como xa sabedes imos recompensar @s nen@s do clube cuns partidos amistos, torneos e a nosa queria Liga dos insectos/dinosaurios. Agardamos que tanto @s nen@s coma vos disfrutedes deste momentos.

Freddy.