Despois de varios meses dixerindo toda a información publicada en prensa e redes sociais sobre os delitos sexuais polos que Jorge Marqués, árbitro e traballador da Federación Galega de Baloncesto, foi xuzgado e condeado, o C.B.Caselas queremos comunicar o seguinte:

1. Condenamos total e absolutamente os feitos e agardamos que todo o peso da lei recaia sobre a persoa condeada.

2. Solidarizámonos por completo coas rapazas que sufriron estes horribles feitos.

3. Agardamos que, aínda que non sexa nada sinxelo, todas as persoas que sufriron acoso sexual ou de calquera outra índole, sexa no ámbito que sexa, decídanse a contalo para xuzgar a quen se teña que xuzgar e axudar a que outras persoas na mesma situación sepan que non están soas.

4. Agardamos que a Federación galega de Baloncesto faga todo o necesario para extirpar de raíz estes lamentables comportamentos da súa institución e que adiquen esforzos no traballo de prevención, de protocolos de actuación e de formación no tema do acoso sexual e de outras índoles, con clubes, xogador@s, árbitr@s e todo o grupo humano que formamos parte a Federación Galega de Baloncesto.

Pensamos que nun organismo que traballa ao servicio do deporte de formación, débese facer máis incapé neste sentido, co apoio dos clubes e máis aínda despois dos terribles feitos coñecidos.

5. Dende o C.B.caselas estaremos encantados de falar e colaborar coa federación e con todos os clubes que estén interesados de cara a visibilizar este tema e organizar charlas ou xornadas que poidan a axudar aos clubes, árbitr@s e sobre todo @s rapaz@s a ser conscientes deste problema real e ter mecanismos para loitar cotra o acoso.

Esta é nosa postura sobre o tema. Non queriamos deixar que comecen as competicións desta tempada 2021-22 sen publicala nas nosas redes sociais e páxina web e que quede constancia que traballaremos para tentar contribuir co noso gran de area a que estas cousas non sucedan.

Todo o noso ánimo e apoio para as nenas e nenos afectados.

A directiva e o coordinador deportivo do C.B. Caselas.